HomeMedio ambiente e PatrimonioOs animalistas rexeitan "medidas letais" para acabar coa praga de ratas

Os animalistas rexeitan “medidas letais” para acabar coa praga de ratas

Piden axudas para que os gandeiros coloquen valos reforzados e enterrados.

Publicado o

- Advertisement -

A Asociación Animalista Libera mostrou “a súa preocupación” pola “posible adopción de medidas letais” para tratar de controlar a praga de “roedores” que está devastando os cultivos e os pastos en diferentes municipios da Montaña lucense, como Becerreá, Samos, Triacastela ou Pedrafita, e pediu ás institucións que traballen “con previsión” para evitar estes problemas “da Galicia baleirada”.

Os animalistas propoñen “unha convocatoria de axudas urxentes para os agricultores afectados, cuxas plantacións estarían danadas, para indemnizar a falta de ingresos que producirá a fauna silvestre”, así como “pór a disposición de empresas e autónomos agrarios subvencións para implementar medidas preventivas, como podería ser o valado reforzado”.

Din os animalistas que “esta iniciativa, que se demostrou eficaz en Asturias, onde a presenza destes animais é habitual”, consiste “en colocar un valo enterrado no peche perimetral da leira agrícola, logrando tamén boa efectividade na prevención de danos doutras especies animais, como o xabaril”.

Neste sentido, “os defensores dos animais esperan que a Consellería de Medio Rural non imite á súa homóloga de Medio Ambiente nas solucións para evitar a presenza de suidos en cultivos, estradas ou zonas urbanas”, dado que a súa “única proposta foi declarar a emerxencia cinexética temporal en trinta e tres municipios galegos, permitindo a caza os 7 días da semana”.

ÚLTIMAS

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...