HomesociedadeOs Lactouros gozan dunha xornada de convivencia en Taramundi

Os Lactouros gozan dunha xornada de convivencia en Taramundi

A actividade incluíu unha ruta de sendeirismo pola contorna natural, seguida dunha comida compartida e unha visita ao Museo da Cuchillería de Taramundi.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

A Asociación Micolóxica Os Lactouros vén de organizar unha xornada de convivencia en Taramundi na que as persoas participantes, segundo explican dende a entidade, “puideron gozar dun completo programa de actividades nun ambiente de compañeirismo e boa enerxía”.

A actividade incluíu unha ruta de sendeirismo pola contorna natural, un xantar compartido e unha visita ao Museo da Cuchillería de Taramundi, un referente cultural da zona onde os participantes coñeceron de primeira man a tradición artesanal vinculada á navalla.

César Vila, membro da directiva, destacou que “este tipo de actividades son fundamentais para fortalecer a convivencia entre as persoas socias e seguir creando comunidade arredor da natureza e da micoloxía”. Así mesmo, engadiu que “foi unha xornada moi completa, na que combinamos actividade ao aire libre, gastronomía e cultura, nun ambiente inmellorable”.

Os Lactouros agradecen a todas as persoas participantes a súa implicación e actitude positiva que fixeron posible unha xornada tan especial, “un día para lembrar que reforza o compromiso da asociación coa dinamización social e o contacto coa natureza”.

ÚLTIMAS

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...