O Tribunal Supremo tomba a licenza urbanística que ameazaba a cova de Eirós

O colectivo ContraMINAcción celebra a sentenza mais denuncia que a empresa Cementos Cosmos aumentou o seu ritmo de actividade, ameazando o patrimonio histórico da zona.

Vova de Eirós / caminofrances.org

O Tribunal Supremo fixo pública a sentenza que anula de maneira definitiva a licenza urbanística coa que o Concello de Triacastela intentara legalizar unha canteira de caliza. A explotación, é propiedade de Cementos Cosmos, filial da multinacional Votorantim.

O colectivo ambientalista ContraMINAcción denuncia que os traballos de Cementos Cosmos se están facendo sobre a Cova de Eirós, lugar onde se conservan exemplos “sen igual da pintura rupestre en Galicia”.

A licenza que outorgara no seu momento o Concello de Triacastela fora recorrida pola Associação Sócio-Cultural O Iríbio co apoio da asesoría xurídica do Sindicato Labrego Galego. Con anterioridade estas dúas organizacións conseguiran a anulación da licenza nos xulgados do contencioso-administrativo.

O mesmo fallo foi confirmado a principios deste ano polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Dito fallo gañou firmeza coa inadmisión do recurso de casación que o Concello de Triacastela e Cosmos presentaran ante o Supremo.

ContraMINAcción denunciara no seu momento que Cosmos non presentara a trámite un expediente de avaliación de impacto ambiental. Isto sucedera cando a explotación cambiara a clasificación a “recursos C”. “A pesar de ser unha explotación a ceo aberto con afectación á rede Natura 2000, ao Camiño de Santiago e un BIC único” en referencia á Cova.

O colectivo demanda que a Xunta paralice os traballos de extracción na área logo de que Cementos Cosmos aumentanse a intensidade do seu labor. Ademais, ContraMINAcción considera “vergoñentas” as “tentativas de lavado de cara” de Cosmos por parte da Cámara Oficial Mineira de Galicia, afirmando que Triacastela “é un dos exemplos de boas prácticas dicindo que Cementos Cosmos é a encargada da protección da Cova de Eirós”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here