InicioCulturaFestas que recuperan as tradicións

Festas que recuperan as tradicións

Esta fin de semana, dúas parroquias da zona sur de Lugo rendirán homenaxe ao xogo da billarda e á malla.

Publicado o

- Advertisement -

O sábado 17, na parroquia monfortina de Seoane, a Asociación de Veciños de San Salvador de Seoane organiza o II Torneo de billarda de Seoane. Os interesados/as deberán presentarse no ‘Campo do Mato’ a partir das 19:00 h. e traer ganas de pasalo ben con este xogo popular que tan bos ratos fixo pasar aos nosos maiores. A partir das 22:00 h. haberá unha merenda-baile no Campo da Festa.

Cartel do evento

E seguindo coas tradicións, pero neste caso relacionadas cos traballos do campo, anotamos na axenda para o domingo 18 de agosto a II Festa da Malla de Tuiriz, no Concello de Pantón.

En horario de 10:00 a 14:00 h. realizarase unha recreación do traballo da malla como antigamente e a continuación a organización convida aos asistentes a quedar a xantar pois haberá unha zona habilitada ao efecto.

Amenizará a xornada o grupo “As viquingas” e haberá xogos tradicionais e talla de madeira con motoserra. A organización desta xornada corre a cargo da Asociación de Veciños de Tuiriz e da Comunidade de Montes Ferroedo.

Cartel da festa

ÚLTIMAS

A Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra asina coa Universidade da Coruña a realización do seu Plan Director

Hai un mes a Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra celebraba unha xornada para presentar...

Fin de semana de foliada, festa e teatro na Pobra do Brollón

Aproveitando o patrón da parroquia, San Xurxo, a de Eixón será unha foliada con...

O IES A Pinguela celebra o 40 aniversario

Este venres 26 de abril o IES A Pinguela ten programada unha xornada na...

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...