InicioCulturaMargaride e Quiroga volven á época romana

Margaride e Quiroga volven á época romana

Mañá, 17 de agosto, a localidade de Margaride, no Lor Quirogués, e Quiroga 'capital' celebran respectivamente a "Festa do Ouro" e o "Qui-Roma".

Publicado o

- Advertisement -

Margaride de Lor ten a honra de ser a localidade quiroguesa onde primeiro se pensou en recrear ou recuperar o pasado romano destas terras cunha celebración á que bautizaron como a “Festa do Ouro”. A organización corre a cargo da Asociación de Veciños/as de Margaride e este ano chegan á súa IX edición.

Para a xornada cultural e festiva, que será este sábado 17 de agosto, teñen programadas diferentes actividades:

Ás 11:00 h. farase unha Misa en latín e a continuación, ás 12:00 h. realizarase unha visita guiada ás “adegas romanas”, adegas que hai excavadas nas antigas explotacións auríferas dos romanos.

A música dos gaiteiros acompañará a xornada de mañá ata a hora do xantar -14:30 h.- no “Campamento Castrexo-Romano” con postos de polbo e churrasco para organizadores e visitantes.

Ás 18:00 h. un interesante xogo, “En busca do ouro”,manterá entretidos/as aos pequenos ao tempo que lles achegará o mundo romano de forma divulgativa. A continuación, ás 19:00 h. unha conferencia a cargo de Manuel Cao, profesor xubilado de San Clodio, revelaranos a “orixe da toponimia na zona”.

Ás 21:00 h., música para achegarnos á cea no campamento e xa cara as 23:00 h. “Nox terrorem: Estadea”, lendas, ritos e queimada. A partir das 00.00 h. verbena fin de festa.

Todo isto en Margaride, no Lor quirogués, pero na capitalidade, no núcleo urbano de Quiroga, durante toda a xornada deste sábado 17 haberá unha chea de actividades ao redor do mundo romano. O epicentro da festa romana está na praza do Auditorio –Auditorum– pero os espectaculares desfiles militares realizaranse pola principal rúa de Quiroga para goce de todos os quirogueses/as e visitantes.

Unha recreación festiva do mundo romano que chega á VI edición, está organizada pola Asociación Cultural Qui-Roma e que cada ano incorpora novas e atractivas actividades.

Cartel anunciador da “Festa do Ouro”

Programa completo

Ás 10:00 h. cunha ruta de cabalos pola zona.

Ás 11:00 h. farase apertura do mercado Qui-Romano e haberá exposición de cetraría. Nesa localización tamén unha interesante exposición de fiado tradicional e actividades creativas para nenas e nenos.

O primeiro desfile militar, protagonizado pola Guardia Romana Lucus Equites, será ás 11:30 h. e farase pola Vía Rez -Rúa Real-.

Ás 12:30 h. paseo de burros para nenos e nenas, música a cargo dos Gaiteiros Castrexos “Brabán” da Pobra do Brollón e chegando ás 13:00 h. demostración no “Auditorium” da Guardia Romana Lucus Equites.

A continuación vermú Qui-Romano e “Comilonium e pola tarde seguirán as actividades para os máis pequenos/as cos obradoiros anteriores e tamén coa “escola de pequenos gladiadores”.

Repetirase o desfile imperial da mañá e a música dos Palletas ambientará o recinto ata as 19:00 h. cando terá lugar o espectáculo de cetraría. A continuación, ás 20:30 será o desfile Qui-Romano “Arde-Loucos” pola Rúa Rex, principal arteria de Quiroga. Participarán músicos, a formación militar Guardia Romana Lucus Equites e os espectaculares bois de Mario Nogueira, coñecido gandeiro de Chao da Casa.

Como fin de festa, pola noite será o espectáculo que recrea a loita de gladiadores para a continuación repoñer forzas cunha gran paella, música coa disco-móbil Fabrik e gran sorteo final de agasallos.

Cartel anunciador Qui-Roma

ÚLTIMAS

Bolsas de tea con motivos feministas

O proxecto de igualdade do Concello de Sober ‘Redes Lilas’ celebrou a súa cuarta...

Aly Alma, artista con raíces en Quiroga, presenta “Violet Mood”, un espectacular show acústico en feminino

Alicia Losada, coñecida artisticamente como ‘Aly Alma’ e con orixes en Quiroga por parte...

Novo miradoiro á Ribeira Sacra de Soutochao

O concello lugués de Sober estreou o novo miradoiro de Soutochao, desde o que poden contemplarse...

Sur da provincia de Lugo e Costa da Morte, a Galicia con maior porcentaxe de persoas dependentes

O 4,19% da poboación galega estaba en situación de dependencia o ano pasado, cunha...