HomeTerra de LemosSoberNovo miradoiro á Ribeira Sacra de Soutochao

Novo miradoiro á Ribeira Sacra de Soutochao

Ángeles Vázquez destacou os "excepcionais valores estéticos da paisaxe" deste enclave.

Publicado o

- Advertisement -

O concello lugués de Sober estreou o novo miradoiro de Soutochao, desde o que poden contemplarse as paisaxes da Ribeira Sacra desde o lado da provincia de Lugo neste enclave que aspira a ser declarado Patrimonio da Humanidade. Este venres, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, visitou este miradoiro panorámico que foi reacondicionado a través do plan estratéxico para a Ribeira Sacra cun investimento de 20.000 euros.

Ademais da construción dunha pasarela desde a que gozar dunha vista panorámica ao canón do río e os bancales da viticultura ‘heroica’, a actuación tamén contemplou a instalación de paneis informativos, bancos e aparcabicicletas, así como melloras no aparcadoiro.

Alí, a conselleira destacou os “excepcionais valores estéticos da paisaxe” da Ribeira Saca que poden contemplarse desde un punto que foi reformado para actuar tamén como un punto de información sobre o itinerario de interese paisaxístico que empeza na parroquia de Doade. En total, o plan estratéxico para a Ribeira Sacra conta cun orzamento de 4,5 millóns de euros para levar a cabo acciones ambientais e de ordenación en 30 concellos da zona.

Segundo explicou Vázquez durante a visita e recolle unha nota de prensa, ao amparo deste programa actuouse en lugares polos que discorren os dous itinerarios de interese paisaxístico con valores panorámicos: a ruta 16 –entre San Fiz de Asma e Os Peares– e a ruta 17 –desde Soutochao ata Os Castros–.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...