HomeCulturaOs rapaces do Incio presumen de concello

Os rapaces do Incio presumen de concello

Preto de 25 rapaces e rapazas do Concello do Incio realizaron un documental sobre o seu concello, Documental do noso, co que colabora o concello na difusión.

Publicado o

- Advertisement -

Este traballo documental realizado e protagonizado polos cativos estivo dirixido polo mestre, Jesús Somoza Fernández. No documental os rapaces amosan o orgullosos que están do lugar no que viven e reivindican o seu futuro.

O 90% dos nenos e nenas que formaron parte do documental están escolarizados no Incio e os demais pasan as súas vacacións no Concello, chegados desde Cataluña ou Madrid, entre outros puntos da xeografía española.

Os propios rapaces describen no vídeo un Concello “que valoran e queren, con naturalidade e liberdade” e fano ademais como un modo de reflexionar e facer reflexionar a quen o vexa.

Os cativos explican o motivo polo que viven no rural e os seus puntos fortes, entre os que destacan, a cultura, as tradicións, as labores cotiás, as festas, a tranquilidade ou ter sempre moitas cousas que facer. Tamén reflexionan sobre o futuro e sobre a necesidade de frear o despoboamento para o que propoñen medidas concretas.

O alcalde do Incio, Héctor Corujo, califica a experiencia como moi positiva para os nenos que se amosaron implicados e motivados para dar a coñecer o rural e as súas potencialidades.

O vídeo pódese ver aquí.

ÚLTIMAS

O BNG aposta polo desenvolvemento territorial asociado aos sectores produtivos nunha xornadas sobre Medio Rural

O programa das xornadas comezou coa presentación desde a Área de Medio Rural da...

113.000€ para a restauración das igrexas de Rozavales, Baamorto e A Penela, en Monforte

O concello de Monforte concede licenza urbanística para a realización de obras de restauración...

O Certame de Teatro para Centros de Ensino de Monforte alcanza a súa XXXIII edición

O XXXIII Certame Municipal de Teatro para centros de ensino de Monforte, convocado e...

280.000€ para a mellora da estrada entre Quizán das Peras e Mondín, en Chantada

A Deputación mellorará os máis de 3,7 quilómetros desta vía investindo preto de 280.000€....