HomesociedadeO Certame de Teatro para Centros de Ensino de Monforte alcanza a...

O Certame de Teatro para Centros de Ensino de Monforte alcanza a súa XXXIII edición

Entre o 7 e o 19 de maio o alumnado dos Centros Escolares monfortinos interpretarán 6 obras de teatro na Casa da Cultura Lois Pereiro. Trátase dunha actividade moi popular entre a veciñanza que fomenta o concello con axudas para a preparación de cada peza e a entrega dun diploma e a obra gravada en DVD aos colexios participantes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O XXXIII Certame Municipal de Teatro para centros de ensino de Monforte, convocado e organizado polo Concello de Monforte de Lemos a través da súa Concellería de Cultura, celebrarase do 7 ao 19 de maio coa estrea de 6 pezas teatrais interpretadas polo alumnado. Todas as obras escenificaranse ás 20.00 horas no salón de actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro sendo a entrega de premios no salón de actos da Casa da Cultura o 27 de maio, ás 18.00 horas.

Este ano participan: CEIP A Gándara e Monforte, o Colexio P. Ferroviario e os IES A Pinguela, Río Cabe e Daviña Rey.

FOMENTO DAS ARTES ESCÉNICAS ENTRE O ALUMNADO

O Certame Municipal de Teatro de Monforte suma máis de tres décadas de historia desde que comezou a súa andadura en 1991. O seu obxectivo é desenvolver as potencialidades artísticas e técnicas do alumnado e das persoas que o orientan, fomentando a convivencia, a tolerancia, a cooperación e a solidariedade.

Para incentivar a participación dos centros educativos, o concello monfortino axuda na adquisición de material para a realización da obra por unha cantidade máxima de 200 euros, e ofrece como premios a gravación en DVD das obras representadas xunto cun diploma acreditativo da participación.

CENTROS DE ENSINO, OBRAS E DÍA DA REPRESENTACIÓN
  • CEIP A Gándara, coa obra “Acabouse a guerra”, o xoves 7 de maio.
  • IES Río Cabe, coa peza titulada “Esmoleiros”, o venres 8 de maio.
  • IES A Pinguela, coa obra “A casa”, o luns 11 de maio.
  • Colexio P. Ferroviario, representará “A gatipública”, o xoves 14 de maio.
  • IES Daviña Rey, coa obra “O velorio”,o luns 18 de maio.
  • CEIP Monforte, coa obra “Hoxe hai función”, pechando o ciclo o martes 19 de maio.

ÚLTIMAS

113.000€ para a restauración das igrexas de Rozavales, Baamorto e A Penela, en Monforte

O concello de Monforte concede licenza urbanística para a realización de obras de restauración...

280.000€ para a mellora da estrada entre Quizán das Peras e Mondín, en Chantada

A Deputación mellorará os máis de 3,7 quilómetros desta vía investindo preto de 280.000€....

600 participantes este sábado no Petrorian Race de Sarria

Hai arredor de 600 participantes inscritos -un tercio deles, mulleres- e todos deberán realizar...

CSIF alerta da falta de persoal na presa Vilasouto e no regadío Val de Lemos

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) instou ao Ministerio para a Transición...