InicioCulturaAxenda de entretemento para a fin de semana

Axenda de entretemento para a fin de semana

Chantada, Quiroga, o Incio e Sarria ofrecen interesantes alternativas de lecer familiar e adulto relacionadas coa maxia, a música e o teatro afeccionado.

Publicado o

- Advertisement -

Este sábado 28 de setembro, Chantada acollerá o espectáculo de maxia “Os casos de Sherlock Holmes”, de Cayetano Lledó, no que o famoso detective tentará resolver coa axuda dos espectadores un misterioso roubo nunha mansión. Trátase dunha función para público familiar con teatro, maxia e moito humor. O inicio está previsto para as 19.00 horas no Auditorio Municipal, e ten unha duración de setenta minutos. O espectáculo enmárcase dentro do Ciclo Cultura no Camiño que impulsa a Xunta de Galicia a través do Agadic.

Sherlock Holmes, cartel do espectáculo de Cayetano Lledó

Este mesmo día, en Quiroga, haberá un concerto infantil tamén ás 19:00 h. na Casa da Cultura. O espectáculo, “Pitusa Semifusa”, versa sobre unha nena que quere aprender todo sobre as familias de instrumentos. Chega acompañada da súa avoa, unha prestixiosa directora de orquestra, e entre as dúas farán tocar, cantar e bailar ao público. A actividade chega a Quiroga polo programa Ler Conta Moito que cofinancia a Xunta de Galicia para fomentar a lectura entre os máis pequenos e pequenas.

O Concello do Incio, pola súa parte, ofrece teatro afeccionado para público adulto na Sala Multiusos da Casa do Concello. Será ás 19:00 h. do sábado coa obra “As pastillas de Farruco” a cargo da Asociación Cultural Abrente e dentro do programa “Buxiganga” da Deputación de Lugo.

Para o domingo 29 de setembro o Concello de Sarria programa o espectáculo musicalAlicia no país das marabillas”, será na Casa da Cultura ás 18:00 h. Adaptación e dirección a cargo da música local Lorena del Val con entrada de balde para os asistentes.

ÚLTIMAS

A Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra asina coa Universidade da Coruña a realización do seu Plan Director

Hai un mes a Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra celebraba unha xornada para presentar...

Fin de semana de foliada, festa e teatro na Pobra do Brollón

Aproveitando o patrón da parroquia, San Xurxo, a de Eixón será unha foliada con...

O IES A Pinguela celebra o 40 aniversario

Este venres 26 de abril o IES A Pinguela ten programada unha xornada na...

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...