HomeCulturaPolafía en Taboada, historias de cabezóns e loitadoras

Polafía en Taboada, historias de cabezóns e loitadoras

A Sección de literatura de tradición oral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega propón visitar Taboada para asistir a unha nova Polafía, a trixésimo quinta, un encontro aberto en forma revista oral para escoitar as historias de tradición oral da comarca de Chantada

Publicado o

- Advertisement -

O acto, que conta coa participación musical de Francisco Almuíña, terá lugar na Casa do Romualdo, Vilar 6, Vilela, Taboada este sábado 12 de outubro, ás 17.00, con entrada libre ate completar aforo, co título “Historias de cabezóns e loitadoras”. Contarase coas intervencións de Ana Rey Gay, Xosé Manuel Vázquez, Ana Vila Portomeñe, Francisco Almuíña, Anxo Moure e veciñas e veciños da contorna.

Previo á Polafía, en horario de mañá, contarase co seguinte programa:

  • 11:30 Acollida en Casa do Romualdo
  • 12:00 Saída cara a Ralle para coñecer a cabeza do guerreiro de Ralle e os esgrafiados, guiados polo historiador e etnógrafo Xosé Manuel Vázquez.
  • 14:00 Xantar en Casa do Romualdo Con reserva previa. Prazas limitadas. Ao facer a reserva comunique intolerancias alimentarias. Prezo por persoa: 16€. Reservas para o xantar: 982 455 010 / 650 226 646

As Polafías son un proxecto nacido en 2007 da man da Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG e que, con coordinación de Antonio Reigosa, ten como obxectivo recuperar usos de creación musical e literaria de carácter popular, por medio dunha adaptación das antigas xuntanzas tradicionais (fiadas, polavilas, etc) aos tempos actuais, nos que os recursos técnicos permiten darlle un carácter estable e con garantía de futuro á creación espontánea dos asistentes.

ÚLTIMAS

Máis dun cento de persoas asisten á proxección de Reboiras en Monforte

Ao remate da proxección tivo lugar un coloquio no que interviron dous militantes da...

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...