InicioCultura“Domingo Lambedoiro” en Chantada

“Domingo Lambedoiro” en Chantada

Este 9 de febreiro haberá pola mañá un pasarrúas de entroidos tradicionais pola vila de Chantada e pola tarde a acción trasladarase a Santiago de Arriba, parroquia onde ten lugar o Entroido Ribeirao.

Publicado o

- Advertisement -

Este domingo, “Domingo Lambedoiro”, Chantada vístese de entroido. A partir das 11:30 h. terá lugar un percorrido de varios entroidos tradicionais convidados tendo como anfitrión ao Entroido Ribeirao chantadino.

A saída terá lugar na Praza Santa Ana e en caso de choiva as representacións trasladaranse ao Auditorio Municipal.

Os entroidos convidados que estarán presentes son: os Fulións Rurais de Viana do Bolo, o Oso de Salcedo, Peliqueiros e Parranfóns de Campobecerros, Troiteiros de Bande, Entroido de Samede, Felos e madamas de Esgos, Galos da Mezquita e Perriñas de Ribadetea.

Pola tarde, ás 16:00 h., Santiago de Arriba será o escenario onde o Entroido Ribeirao recibirá aos entroidos convidados. Unha tarde que se presenta moi atractiva para gozar da interacción de todas estas máscaras tradicionais cos Volantes, os Maragatos e Os Mecos de Santiago de Arriba.

Maragato. Foto: XMF

Martes de Entroido en Chantada

Despois dunha reunión entre organización e participantes doutras ocasións, este ano o martes de Entroido na vila pasará a celebrarse o sábado 22 de febreiro. Será a partir das 17:00 h. co percorrido de sempre polas rúas do concello dende Domus Vi ata a Praza de Galicia. Así, os integrantes das comparsas poderán gozar da celebración durante a fin de semana e tamén dos domingo e martes do Entroido Ribeirao sen coincidir ambos acontecementos.

O Concello de Chantada convida á participación e ofrece diferentes premios. Cada comparsa de máis de 10 participantes levará 250 euros, e en canto ás mellores, os premios -categorías separadas de adultos e infantís- son os seguintes: 450 euros para a primeira, 350 para a segunda e 200 para a terceira.

A data límite para inscribirse é o mércores 19 de febreiro e o lugar onde se debe realizar é o Rexistro do Concello. As bases para a participación están na Casa da Cultura.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...