HomeCulturaCarlos Villarrubia, artista e escritor : "As mulleres galegas son feministas por...

Carlos Villarrubia, artista e escritor : “As mulleres galegas son feministas por natureza”

A súa última obra, Conexiones Naturales, será presentada na librería Agrasar de Monforte o vindeiro día 3 de agosto ás 20:30 horas

Publicado o

- Advertisement -

Carlos Villarrubia naceu no 1955 en Barcelona aínda que os seus pais son de Piño, unha pequena aldea da Pobra do Brollón, Lugo. Neto de Marcial, o dono da cantina da parroquia, sempre tivo un vínculo moi estreito coa súa terra natal.

Xornalista, autor, escritor, poeta, letrista, autor multimedia e compositor independente, ó longo dos seus 63 anos de vida, o seu mundo profesional sempre estivo moi vinculado ó munda da arte escrita e escénica. Namorado de Galicia e da terra que o viu nacer, Carlos Villarrubia defínese como un bohemio e investigador de formatos creativos. Nas súas creacións explora todos os linguaxes emocionais á par que indaga en novas fontes de enerxía afectiva. O seu concepto da autoría é a do pracer compartido, a de crear en compañía, tecendo redes e vínculos. Como o definiu Lucía Bosé “un home nube“, capaz de descargar creativamente en todas as direccións.

Como autor de cancións leva escritas máis de 500 títulos, intrepretados por cantantes europeos e latinos da talla de Lucrecia, Cómplices ou Larry Jena Louis. Sempre humorista e pícaro, redactou monólogos para Paola Dominguín (Será leyenda luego) e Silvia Marsó (Barceloca). Guionista e reporteiro de televisión durante máis de 20 anos, na lembranza quedan programas como El Arte de Vivir, Adivina quien viene esta noche ou El Mundo de los Vinos.

Como escritor de libros os seus títulos destacados son; Guía para la adquisición de tecnología extranjera, Bye bye lágrimas, Placeres Compartidos e Conexiones Naturales que presentará o vindeiro 3 de agosto ás 20:30 horas na librería Agrasar de Monforte.

Como tanta paixón por Galicia?

Nacín en Barcelona pero a miña familia materna é galega. Dende sempre, a cada oportunidade que había collíamos as maletas e íamos para Piño onde soamente teño bos recordos da infancia. Esa tranquilidade de saír xogar polas estradas e lameiros de Piño co resto de cativos que, coma min, ían de vacacións ou os que vivían nela todo o ano.

Teño unha lembranza marabillosa de cada día alí vivido. Bañarnos no río, xogar nos soutos, correr e divertirnos as 24 horas do día. Son recordos inesquecibles e que fan que a miña paixón pola Galicia sexa máxica.

Casa onde estaba a antiga cantiña de Piño/XdL

Se comparamos a Galicia que vostede coñeceu á de hoxe, en que cambiou?

Se ben é certo que a Galicia interior aínda non fai moito que se coñece en comparación co litoral, esta non lle ten nada que envexar. Ultimamente estase publicitando moito a Ribeira Sacra, por exemplo, e eso é moi bo porque é un atractivo que moitos descoñecían. O que non me gusta tanto é o estado de abandono que algunhas zonas presentan. Recementemente estiven en Piño, e por exemplo, a falta de limpeza a maleza é aterradora. Hai sitios nos que xogaba de cativo que agora son inaccesibles ou directamente xa non ves onde quedan. Creo que queda moito traballo por facer nese sentido. Os galegos considero que ás veces non se valoran o suficiente. Unha riqueza inusual que fai das súas paraxes, un sitio idílico.

Cal é o punto en común de todos os seus libros?

A terra das meigas. A Galicia interior e as súas xentes. As mulleres que nela habitan e que me criaron.

No seu libro “Conexiones Naturales” tamén ten presente Piño?

Non tanto Piño como si a súa xente. Eu sempre lembro cando estaba na aldea e as mulleres se poñían a falar en corrillo sentadas diante da porta da casa no verán cando o sol baixaba. Elas comezaban a falar e xeraban un entramado de persoas que era dificilmente entendible, “a irmá do cuñado de fulanito que casou con menganito que tiña 2 fillos e un casouse ca filla de tal”. Esas conversas son as que eu lembro cun cariño especial. Elas “cosian” as conversas de tal forma que enlazaban todos os elementos para que nada quedase solto. Miña nai era modista. Ela cosía a roupa e á xente. Cando se poñían a falar entre as veciñas, non deixan cabo solto, todo quedaba ben cosido.

Por iso o título da miña obra. A vida é unha árbore con moitas ramificacións pero que todas están unidas entre si. A árbore é a vida e as ramas os seus compoñentes; a sabedoría, a fortaleza, a linguaxe corporal, a familia….todas as características son as que forman a unha persoa facéndoa irrepetible e única.

Fala de fortaleza. Os galegos son fortes?

As mulleres galegas son feministas por natureza. Dende sempre estiveron loitando. Pensemos en non hai tantos anos nas súas vidas. Elas sacaban os fillos para diante, a casa, o campo e os animais. Os homes soamente traballaban fóra da casa e o resto quedaba para elas. A elas ninguén as mimaba. E aínda así, moitas veces, enterraban familiares e en especial fillos, pero iso non lles facía parar. Elas seguían loitando día a día cunha enteireza e fortaleza sobrenatural.  Por iso digo que sempre foron feministas. Ninguén loitaba por elas, soamente elas mesmas para as súas familias.

Lembremos que antes ser nai solteira era un auténtico desprestixio. Cando algo así sucedía, elas a sabendas da sociedade na que vivían e de todo o que lles quedaba por vivir, tiraron para diante con todo o que tiñan á súa man. Non existía nada nesta vida capaz de interporse na seu camiño que as puidera frear.

As mulleres eran fortes pero tamén choraban, non si?

Certo. Cando lles tocaba enterrar a un ser querido, choraban. Pero o galego é paciente por natureza. Un galego sabe esperar, sabe que o bo está por chegar e iso failles seguir loitando día a día pola vida.

Como definiría logo a un galego?

Como un ser paciente, melancólico, triste, extraordinariamente forte, humilde, traballador. As mulleres eran serias e fortes pero sobre todo sabían marcar moi ben o seu límite. Esa xente feita para poder con todo que non se rende xamais.

Os enterros en Galicia son eventos sociais. Cantas veces oímos iso de “teño que irlle ó enterro a tal persoa” como se fose unha obrigación. O culto á morte está moi ligado á terra. Os galegos senten a necesidade de renderlle unha forma de culto á morte que non se dá noutros lugares. Son eventos sociais, reunións onde a melancolía é a gran protagonista. É moi similar á morriña para os galegos que tiveron que marchar da súa terra ou directamente xa non tiveron oportunidade de nacer nela.

 

 

 

 

 

ÚLTIMAS

XV Concurso de Tapas da Guimaralia desde este 29 de novembro

O Concurso de Tapas terá lugar dende o 29 de novembro ata o 5...

Novo Faladoiro en Quiroga con Silvia Martínez este 27 de novembro

Silvia Martínez falará sobre o emprendemento e a creatividade. Con formación en economía e márketing,...

Reabre o tramo ferroviario Ourense-Monforte de Lemos tras máis de 2 anos en obras

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, inaugurou este martes a viaxe en...

A concelleira, Marián Martínez, incorpourouse este martes ao equipo de goberno da Pobra do Brollón

Marián Martínez de 43 anos é administrativa de profesión, traballou tanto no sector privado...