HomeCulturaMáis de 80 incritos na Escola de Música da Pobra do Brollón

Máis de 80 incritos na Escola de Música da Pobra do Brollón

O novo curso da Escola de Música Samoeiro na Pobra do Brollón xa está en marcha. Comeza así o duodécimo curso consecutivo da escola municipal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Realizáronse máis de 80 matrículas repartidas nas materias de baile tradicional, pandeireta e canto, percusión tradicional, acordeón, gaita, frauta, piano e linguaxe musical.

“Para nós, inaugurar un novo curso nestas circunstancias complicadas é un enorme éxito. Estamos moi agradecidos aos veciños e veciñas por volver apostar por duodécimo ano pola nosa escola,” declara o concelleiro de Cultura, Ricardo Rodicio. “Samoeiro é un lugar de encontro e de facer comunidade, algo que neste ano estraño quizais sexa máis necesario que nunca, obviamente tomando tódalas precaucións pertinentes.”

O alumnado procede tanto da Pobra do Brollón como de concellos limítrofes. As clases desenvólvense con límite de aforo e cumprindo o protocolo de seguridade e hixiene imposto pola actual situación sanitaria.

ÚLTIMAS

Máis dun cento de persoas asisten á proxección de Reboiras en Monforte

Ao remate da proxección tivo lugar un coloquio no que interviron dous militantes da...

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...