InicioCulturaDe estrea a Biblioteca Municipal de Sarria

De estrea a Biblioteca Municipal de Sarria

A Biblioteca Pública Municipal de Sarria vén de aumentar o seu espazo de almacenamento e estrear unha nova sala de estudo no marco das liñas de subvención destinadas á mellora e equipamento das instalacións e locais de concellos dedicados a actividades de carácter cultural nas que a Xunta de Galicia investiu este ano preto de 500.000 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Biblioteca Municipal está situada no edificio da Casa da Cultura no que ata o de agora convivían zonas dedicadas á consulta e lectura coa zona de estudo. As actuacións levadas a cabo incluíron modificar a ubicación da sala de estudos, acondicionando a planta semisoto que se atopaba en desuso ou cun uso moi esporádico. Deste xeito, a planta principal gaña agora espazo para consulta e almacenamento da biblioteca. Aproveitando esta intervención tamén se unen mediante unha escaleira interna de xeito que a biblioteca e a sala de estudos permanezan unidas e á vez podan funcionar de maneira independente.

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade axudou con máis de 24.000 euros para esta intervención incluída na liña de subvencións na que este ano se beneficiaron un total de 39 proxectos de mellora en instalacións culturais doutros tantos concellos das catro provincias galegas. Entre todos eles inclúese un destacado apoio aos proxectos en bibliotecas e arquivos sendo beneficiarios 14 concellos. 

Durante a visita deste luns, o secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, puxo de manifesto a importancia dunhas actuacións que, dixo, “suporán un importante impulso para dinamizar a actividade cultural de Sarria” facilitando o acceso á lectura e consulta de libros así como “mellorando os servizos a escolares, veciños e residentes do municipio”. 

ÚLTIMAS

Sur da provincia de Lugo e Costa da Morte, a Galicia con maior porcentaxe de persoas dependentes

O 4,19% da poboación galega estaba en situación de dependencia o ano pasado, cunha...

A Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra asina coa Universidade da Coruña a realización do seu Plan Director

Hai un mes a Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra celebraba unha xornada para presentar...

Fin de semana de foliada, festa e teatro na Pobra do Brollón

Aproveitando o patrón da parroquia, San Xurxo, a de Eixón será unha foliada con...

O IES A Pinguela celebra o 40 aniversario

Este venres 26 de abril o IES A Pinguela ten programada unha xornada na...