InicioCulturaO ideario dun Museo de oficios perdidos en Gundivós

O ideario dun Museo de oficios perdidos en Gundivós

O pintor e escultor soberino Modesto Trigo proxecta a construción dun Museo de oficios perdidos en Gundivós. O artista está a traballar nun proxecto para achegar á súa vila natal parte da súa obra pictórica e tamén cadros de diferentes artistas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O museo proxectado por Modesto Trigo vai máis alá da parte artística e pretende converterse tamén nun espazo de referencia para rescatar oficios perdidos ou case perdidos, como pode ser o de canteiro. Os cadros que formen parte das exposicións explicarán a tradición histórica e con eles animará a recuperar eses oficios como unha forma para asentar poboación no rural.

Ademais do Museo, o artista ten previsto acondicionar un taller no que poder traballar as temporadas que estea en Sober, así como contar con diferentes espazos colaboradores nos que amosar a súa obra, relacionada directamente co rural da zona e a Ribeira Sacra

Gundivós / Concello de Sober

Tal e como el mesmo explica “trátase de poder pintar aí e traballar no concepto de aldea global desde o lugar no que nacín. Desa maneira o traballo que se faga servirá como resonancia de Gundivós e de Sober”. 

Recoñece que se trata dun proxecto “ambicioso” que reúne arte, ciencia e sustentabilidade co que non só expoñer arte, senón facerlle ver á xente que no rural tamén hai posibilidades. 

O pintor, natural de Gundivós, está afincado en Madrid e a súa obra pictórica ten sido exposta por todo o mundo. Na actualidade prepara unha exposición no Museo Nacional de Ciencias Naturales de Madrid titulada ‘Arte y Ciencia’.

ÚLTIMAS

Bolsas de tea con motivos feministas

O proxecto de igualdade do Concello de Sober ‘Redes Lilas’ celebrou a súa cuarta...

Aly Alma, artista con raíces en Quiroga, presenta “Violet Mood”, un espectacular show acústico en feminino

Alicia Losada, coñecida artisticamente como ‘Aly Alma’ e con orixes en Quiroga por parte...

Novo miradoiro á Ribeira Sacra de Soutochao

O concello lugués de Sober estreou o novo miradoiro de Soutochao, desde o que poden contemplarse...

Sur da provincia de Lugo e Costa da Morte, a Galicia con maior porcentaxe de persoas dependentes

O 4,19% da poboación galega estaba en situación de dependencia o ano pasado, cunha...