InicioCulturaEducación e galeguismo nos anos 30 en Carballedo

Educación e galeguismo nos anos 30 en Carballedo

Helena González Vázquez de Bisagras de Papel comparte nesta ocasión un artigo, sobre un episodio esquecido da historia de Carballedo. En xuño de 1934, un grupo de nenos e nenas da escola de Lousada e doutras cercanas emprenderon unha viaxe única. Foi, como a versión galega da mítica novela de Jules Verne. Podería titularse: " A volta en Galicia en sete días"

Publicado o

POR
Helena González Vázquez
- Advertisement -

Entre o 11 e o 17 de xuño de 1934, uns cincuenta nenos e nenas de Carballedo en Lugo, deron a volta a Galicia, nunha viaxe mítica, financiada por Francisco Domínguez Mosquera.

A primeira vez que ouvín falar de Francisco foi cando o seu neto, que reside en Estados Unidos, solicitou os meus servizos para afondar na historia familiar do seu avó. Daquela o neto xa tiña moito camiño andado. Foran meses de poñer orde nos documentos do arquivo familiar e de incansables pescudas na rede.

Pouco a pouco, foi escribindo capítulos da biografía dun avó do que apenas sabía, debido a súa morte prematura. Redactou tamén unha entrada na Galipedia que empeza así: “Francisco Domínguez Mosquera, nado en San Paio (Lousada, Carballedo) o 2 de abril de 1899 e finado na Habana en 3 de outubro de 1937, foi un emigrante, galeguista e filántropo do primeiro terzo do século XX ”. 

O meu traballo consistiría en indagar na xenealoxía deste home, que con tan só catorce anos, emigrou á Habana e volveu rico. Francisco foi un indiano de libro!

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Bolsas de tea con motivos feministas

O proxecto de igualdade do Concello de Sober ‘Redes Lilas’ celebrou a súa cuarta...

Aly Alma, artista con raíces en Quiroga, presenta “Violet Mood”, un espectacular show acústico en feminino

Alicia Losada, coñecida artisticamente como ‘Aly Alma’ e con orixes en Quiroga por parte...

Novo miradoiro á Ribeira Sacra de Soutochao

O concello lugués de Sober estreou o novo miradoiro de Soutochao, desde o que poden contemplarse...

Sur da provincia de Lugo e Costa da Morte, a Galicia con maior porcentaxe de persoas dependentes

O 4,19% da poboación galega estaba en situación de dependencia o ano pasado, cunha...