HomeCulturaA Quenlla coas cantigas de Martín de Padrozelos este día 30 no...

A Quenlla coas cantigas de Martín de Padrozelos este día 30 no Círculo Saviñao

O concerto é gratuíto e libre ata esgotar capacidade. Terán preferencia os socios que realicen reserva previa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Círculo Saviñao acolle este venres, 30 de xullo, a partir das 20.30 da tarde un concerto do grupo A Quenlla, que interpretará as dez cantigas de MARTÍN DE PADROZELOS, que foron musicadas por membros deste grupo, no marco do proxecto, “TROBADOR NO CAMIÑO. ANDARES POLA LÍRICA DE MARTÍN DE PADROZELOS”.

A Quenlla, con Baldomero Iglesias á cabeza, está integrado por Tania Capón, Manuel Dopico, Yaiza Seijo, Paloma Suanzes e Valery Zviarzhevich. A formación interpretará as cantigas musicadas, nove de amigo e unha de amor; así o repertorio será: 

  1. Id´oj´, ai meu amigo. Música de B. Iglesias Dobarrio, Mero. (2, 47)
  2. Eu louçana. Música de B. Iglesias Dobarrio, Mero. (3,10)
  3. Gran sazón. Música de Paloma Suanzes Garrido. (3,18)
  4. Madr´enviou-volo meu amigo. Música de Manuel Dopico. (3, 07)
  5. Amig´avia queixume. Música de Paloma Suanzes. (3, 18)
  6. Ai, meu amigo. Música de B. Iglesias Dobarrio, Mero. (3,37) 
  7. Por Deus, que non vos pés. Música de B. Iglesias Dobarrio, Mero.
  8. Amigas, sejo cuidando. Música de Tania Capón. (3, 17)
  9. Fostes-vos vós, meu amigo. Música de B. Iglesias Dobarrio, Mero.
  10. Deus, e que coidei a fazer. Música de P. Suanzes, Tania Capón e
    Mero. (4, 08)

Martín de Padrozelos foi un trobador medieval que naceu na segunda metade do século XI na parroquia de San Xoán de Lóuzara, dominio do Mosteiro de Samos. Segundo os estudosos, o trobador pasaría parte da súa vida na contorna deste Mosteiro, un dos máis importantes centros relixiosos e de saber de Galicia, naquela época; e punto emblemático do Camiño francés a Santiago.

O concerto forma parte do Fondo de Proxectos do Xacobeo 2021-22, da Xunta de Galicia e ten entre os seus obxectivos a promoción da lingua e a cultura galegas.

ÚLTIMAS

Máis dun cento de persoas asisten á proxección de Reboiras en Monforte

Ao remate da proxección tivo lugar un coloquio no que interviron dous militantes da...

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...