InicioCulturaIncentivando aos novos creadores

Incentivando aos novos creadores

O programa Xuventude Crea da Consellería de Política Social ten aberto o prazo para presentar as solicitudes de participación ata o 21 de setembro.

Publicado o

- Advertisement -

A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado ten en marcha unha nova edición de Xuventude Crea. O obxectivo deste programa é facilitar vías de expresión para que os mozos e mozas poidan manifestar a súas inquedanzas artísticas.

Poden participar os mozos ou mozas galegos/as ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2018.
Non poderán participar nunha especialidade aquelas persoas que gañasen o primeiro premio desa mesma especialidade na edición do ano anterior.

Este certame galego de novos creadores inclúe as especialidades de teatro, artes plásticas, fotografía, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, moda, deseño de xoias, cociña e skate.

Os premios que se establecen por categoría son:

  • 1º premio de 3.000 €
  • 2º premio de 1.500 €
  • 3º premio de 1.000 €.

ÚLTIMAS

Bolsas de tea con motivos feministas

O proxecto de igualdade do Concello de Sober ‘Redes Lilas’ celebrou a súa cuarta...

Aly Alma, artista con raíces en Quiroga, presenta “Violet Mood”, un espectacular show acústico en feminino

Alicia Losada, coñecida artisticamente como ‘Aly Alma’ e con orixes en Quiroga por parte...

Novo miradoiro á Ribeira Sacra de Soutochao

O concello lugués de Sober estreou o novo miradoiro de Soutochao, desde o que poden contemplarse...

Sur da provincia de Lugo e Costa da Morte, a Galicia con maior porcentaxe de persoas dependentes

O 4,19% da poboación galega estaba en situación de dependencia o ano pasado, cunha...