Día das Letras Galegas ao son das gaitas en Quiroga

O Concello de Quiroga conmemorou o 17 de maio coa recepción, na Casa Consistorial, aos distintos colectivos culturais do municipio, a quen o mandatario local, Julio Álvarez, quixo agradecerlles o traballo que desenvolven en prol da nosa cultura.

Letras Galegas Quiroga 22 / concello de Quiroga

A xornada festiva, que este ano estivo adicada a Florencio Delgado Gurriarán, comezaba no salón de plenos coa entrega dos premios aos gañadores do Certame de narración e debuxo Letras Galegas 2022.

A continuación chegaba a música tradicional galega a cargo do grupo local, O Recanto, que interpretaba as portas da Casa do Concello o himno galego.

Como remate da xornada, a Casa da Cultura acolleu a representación da obra de teatro infantil “O león azul”,  a cargo de Trécola teatro. Esta actividade chega a Quiroga a través do programa “Ler Conta Moito” da Consellería de Cultura, Educación e Universidade .

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here