InicioCulturaUnha nova etapa para a asociación cultural 'Irmandade País do Faro'

Unha nova etapa para a asociación cultural ‘Irmandade País do Faro’

Begoña González Aguiar toma o relevo de Andrés Pavón na presidencia da entidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Begoña González Aguiar é a nova presidenta da Irmandade Cultural País do Faro. Foi elexida por unanimidade dos socios e socias sustituíndo así no cargo a Andrés Pavón, que exercía a presidencia dende 2012.

Begoña é Licenciada en Historia e arqueóloga así como gañadora do Premio Condado de Pallares polos seus traballos sobre o Mestre Mateo. Actualmente traballa no servizo de Cultura e Turismo do Concello de Chantada.

Nesta nova andaina, a Irmandade vai continuar coa edición de “Alicerces. Revista de estudos do Miño medio” así como tamén tirando para adiante o labor divulgativo que veñen realizando nestes dez anos de actividade cultural.

A Xunta Directiva queda agora conformada do seguinte xeito:

Presidenta: Begoña González Aguiar

Vicepresidente: Xosé Méndez Pérez

Tesoureiro: Pablo Rubén Jorge Eiré

Secretario: Andrés Pavón Ramírez

Vogal: Tamara González López

Vogal: Claudio Otero Eiriz

Vogal: Segundo Navaza Blanco

En palabras do presidente saínte, Andrés Pavón, para Xornal de Lemos, “para min foi un pracer tratar con vós todos estes anos e quero agradecer a cobertura e o seguemento que fixestes de todas as nosas actividades. Seguiremos en contacto”.

ÚLTIMAS

Bolsas de tea con motivos feministas

O proxecto de igualdade do Concello de Sober ‘Redes Lilas’ celebrou a súa cuarta...

Aly Alma, artista con raíces en Quiroga, presenta “Violet Mood”, un espectacular show acústico en feminino

Alicia Losada, coñecida artisticamente como ‘Aly Alma’ e con orixes en Quiroga por parte...

Novo miradoiro á Ribeira Sacra de Soutochao

O concello lugués de Sober estreou o novo miradoiro de Soutochao, desde o que poden contemplarse...

Sur da provincia de Lugo e Costa da Morte, a Galicia con maior porcentaxe de persoas dependentes

O 4,19% da poboación galega estaba en situación de dependencia o ano pasado, cunha...