InicioCulturaSober convoca a bolsa internacional de fotografía "Pintor de Castinandi"

Sober convoca a bolsa internacional de fotografía “Pintor de Castinandi”

A persoa seleccionada poderá asistir de maneira gratuíta ao taller de verán de fotografía: ‘Escuridade, luz e relato’, impartido polo prestixioso fotógrafo, Paulo Nozolino na Casa Grande de Rosende entre o 3 e o 8 de xullo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sober convoca a Bolsa Cultural Internacional, ‘Pintor de  Castinandi’, para o verán 2022 cuxo obxectivo é impulsar crecemento cultural a nivel internacional, fomentar o estudo e facilitar o desenvolvemento persoal dun fotógrafo/a. A persoa seleccionada poderá asistir de maneira gratuíta ao taller de verán de fotografía: ‘Escuridade, luz e relato’, impartido polo prestixioso fotógrafo, Paulo Nozolino na Casa Grande de Rosende entre o 3 e o 8 de xullo.

Estas becas son formacións culturais internacionais destinadas a mozos e mozas de ata 30 anos convocadas, promovidas e patrocinadas polo Concello de Sober, e organizadas polo proxecto cultural A Plantación a través de Talleres de Verán. Nesta  ocasión a bolsa ten un valor de 780 euros.

Mediante esta convocatoria o Concello de Sober busca a unha persoa moza con inquedanzas artísticas e culturais e coa necesidade de seguir formándose que posúa un destes perfís:

  • Mozos e mozas universitarios, de Escolas Superiores de Arte e de Estudos Artísticos de Ciclos Superiores de Formación Profesional, que queiran aumentar os seus coñecementos.
  • Menores de 30 anos que finalizasen algún dos estudos mencionados anteriormente (a titulación debe estar homologada).

Os proxectos fotográficos presentados serán avaliados por un comité e as ideas rexistradas permanecerán en todo momento baixo a propiedade intelectual das persoas participantes. A temática é libre.

Quen pode participar?

  • A beca está dirixida a persoas estudantes de fotografía ou que terminaron os seus estudos de fotografía de ata 30 anos, interesados en ampliar a súa formación.
  • Contar cun proxecto orixinal e persoal.
  • O proxecto debe estar presentado en galego ou en castelán.
  • A participación e recepción dos proxectos estará aberta desde o día 20 de xuño de 2022 ás 00:00 horas, ao día 26 de xuño de 2022 ás 23:59 horas (hora de España).
  • Enviar a: info@laplantacion.info un cartafol en PDF co teu nome e  apelidos. Exemplo: Ana García.pdf.

Debe conter: 

4.1 Ata un máximo de 5 fotografías cunha única unidade temática, con absoluta liberdade tanto na técnica utilizada como no tema elixido para a serie.

O número de píxeles no lado maior será ao redor de 2000. Cada imaxe deberá ir identificada co nome do autor e numerada: Ex. Ana García 001.

 4.2 Texto explicativo que resuma o proxecto. Que inclúa ademais estes datos persoais: Nome completo e número de teléfono.

  4.3 Carta de intencións (motivo polo cal se solicita a bolsa).

  4.4 Fotocopia do DNI ou Pasaporte.

5. O proxecto gañador, deberá ter dispoñibilidade para participar durante seis días  de formación  experiencial, totalmente presencial (do 3 ao 8 de xullo de 2022) no Taller de Verán que levará a cabo na Casa Grande de Rosende en Sober. O 28 de xuño coñecerase á persoa beneficiaria da beca.

ÚLTIMAS

Unha apertura de portas nun encoro pon en perigo a dous pescadores en Carballedo

Os pescadores puideron saír polos seus propios medios despois de pedir axuda ao 112...

Primeira xuntanza sobre “Comunidades de Montes Veciñais e en Man Común, Montes de Saberes”, o 24 de abril ás 16:30 no auditorio de Escairón

A actividade enmárcase no proxecto Comunidades Rurais Sostibles desenvolvido por Acción contra a Fame...

Os libros protagonizan varias actividades en Bóveda

O programa Ler Conta Moito trouxo este martes ata o Centro Sociocultural de Bóveda...

Mes dos Libros e das Letras Galegas na Biblioteca Municipal de Chantada

A primeira proposta será o 26 de abril ás 18:00h con Conta e canta...