HomeCultura"Solpor Hermida", ciclo de concertos os venres no Hotel Hermida Rural do...

“Solpor Hermida”, ciclo de concertos os venres no Hotel Hermida Rural do Incio

HermidaRural, o hotel na beira do encoro de Vilasouto en Eirexalba, no Concello do Incio, programa diferentes eventos os venres para vivir dun xeito especial o solpor que se contempla dende as súas instalacións.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este 5 de agosto encargarase de ambientar o ciclo “Solpor Hermida”, Soul & Roll, un dueto acústico de versións chegado de Ourense e integrado por Tamara Pérez e Miguel Araújo. A actuación chega da man de Hermanager Producións e será ás 20:30 h. Pódese asistir á mesma aínda que non se estea aloxado no hotel.

O repertorio de Miguel Araújo e Tamara Pérez, guitarra e voz do grupo respectivamente, está coidadosamente escollido ofrecendo unha selección de cancións emblemáticas e grandes clásicos do pop-rock español dos anos 80 de grandes artistas como: Luz Casal, Miguel Ríos, Mecano, La Guardia, Siniestro Total, Los Secretos, Danza invisible, Manolo García, Antonio Flores, Nacha Pop, Alaska… e tamén dos anos 90 ata a actualidade como: Fito e Fitipaldis, La Oreja de Van Gogh, Mclan, Manolo García, Maná…

Ademais deste repertorio en español, tamén se poderá escoitar na terraza do Hermida Rural unha escolma de grandes temas internacionais de onte e de hoxe de artistas como: Queen, Creedence Clearwater Revival, Jackson Five, Journey, Police, U2, Bon Jovi, Nirvana, Guns and Roses, Jason Mraz, Avicii, Pharrel Wiliams, Bruno Mars, Adele, Rihana, Camila Cabelo, Ed Sheeran… e moitos máis que poden aparecer durante o concerto.

Tamara Pérez e Miguel Araujo

Tamara Pérez traballou en orquestras durante anos e participou no concurso ‘Recantos’ (2011) do Luar, importante trampolín na súa carreira. Ademais da música, co dueto Soul & Roll, leva anos traballando no medio televisivo. Despois de varios anos como presentadora en Tele Miño -Ourense- deu o salto á TVG, onde destaca como colaboradora no programa Bamboleo

Miguel Araújo, tamén con experiencia en orquestras, é músico e compositor. Actualmente compaxina as clases de música con actuacións co grupo por toda Galicia.

ÚLTIMAS

O Goberno inviste 1,2M€ na mellora da N-540 ao seu paso por Chantada

Durante a visita, a subdelegada explicou que esta intervención forma parte do conxunto de...

104.000€ para a estrada provincial en Pantón que vai de Següín aos Peares por Pombeiro

O proxecto do que se encargará a empresa OPAGA 003 SL, inclúe a rehabilitación...

Máis de 230 persoas participan o 15 de marzo no V Xacorun Sarria

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, interviu na presentación da proba xunto con...

Quiroga eleva o nivel da súa ‘Mostra do Aceite’ cun congreso e chefs como Javier Olleros, con 2 estrelas Michelín

Esta fin de semana Quiroga exaltará o seu Aceite de Oliva Virxe Extra (AOVE)...