InicioCulturaMonforte xa pensa no cartel anunciador das Festas Patronais

Monforte xa pensa no cartel anunciador das Festas Patronais

O Concello de Monforte de Lemos convoca o XXIV Concurso de deseño de carteis Festas Patronais 2019 co fin de escoller o cartel anunciador para a celebración deste ano.

Publicado o

- Advertisement -

Os interesados e interesadas en concursar terán que facelo con obras de creación propia, orixinais e inéditas. A técnica e o formato será libre sempre que sexa apta para unha reprodución mediante cuatricromía.

Os deseños deberán incluír o texto “MONFORTE DE LEMOS FESTAS PATRONAIS do 11 ó 16 de agosto 2019” e a entrega de orixinais realizarase persoalmente ou por correo no Rexistro Xeral do Concello de Monforte antes do 25 de abril deste ano. Non se aceptarán aquelas obras que leven cuño de correos con data posterior.

As obras non levarán o nome do autor/a de maneira visible e presentaranse nun sobre asinado con pseudónimo, debendo acompañar noutro sobre pechado a información relativa aos seguintes datos persoais do autor: nome, enderezo postal completo, teléfono e enderezo de correo electrónico.

Haberá un único premio cunha dotación en metálico para o gañador de 1.000 euros, impostos incluídos, e a súa obra será o cartel anunciador pero tamén a portada do programa de man das Festas Patronais 2019.

No apartado relativo aos dereitos de autor sobre a obra, tema que non sempre queda claro neste tipo de concursos, o concello elaborou unhas bases moi ben detalladas dende o punto de vista xurídico e que non deixan lugar a dúbidas sobre os dereitos que se ceden polo feito de presentar a creación a este concurso. O cartel, soporte físico da obra, que reciba o premio quedará en poder do Concello de Monforte de Lemos. A propiedade intelectual do traballo gañador corresponderá ó/á autor/a, non obstante a concesión do premio levará consigo sobre o traballo gañador a cesión exclusiva e gratuíta en favor do Concello de Monforte de todos os dereitos de reprodución, distribución, comunicación pública e transformación por calquera modalidade, medio ou formato, incluídos os audiovisuais, os informáticos, os multimedia e os telemáticos. Do mesmo xeito, o concello quedará autorizado para divulgar o traballo gañador na forma e polos medios que considere máis oportunos e poderá exercer os seus dereitos sobre un fragmento ou parte do traballo, podendo adaptalo se fose necesario.

O gañador/a do concurso entregará tamén unha copia do cartel en formato dixital e incluirá os diferentes logotipos facilitados polo Concello de Monforte e se é o caso das entidades patrocinadoras.

O cartel gañador e unha selección dos mellores traballos presentados, selección realizada polo xurado, quedarán temporalmente en poder da Delegación Municipal de Cultura para realizar unha exposición na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro. Cando remate a mostra serán devoltos aqueles que sexan solicitados de forma expresa polos seus autores que se responsabilizarán ademais de que non existan dereitos a terceiros nas obras presentadas.

O xurado do concurso estará composto por unha Presidenta, que será a Delegada de Cultura ou persoa á que designe; Vogais, persoas de diferentes ámbitos educativos, sociais e culturais de Monforte de Lemos; e Secretario, o técnico de cultura do concello, con voz e sen voto, que certificará o cumprimento das condicións estabablecidas nas bases do concurso. A decisión do xurado farase pública o luns 6 de maio.

ÚLTIMAS

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...