HomeDeportesOs montes de Pombeiro serán o escenario dunha ruta en bicicleta

Os montes de Pombeiro serán o escenario dunha ruta en bicicleta

O próximo 11 de agosto terá lugar neste enclave unha ruta BTT organizada pola Asociación Veciñal Virxe das Neves.

Publicado o

- Advertisement -

A parroquia de Pombeiro vivirá o próximo día 11 de agosto unha intensa xornada deportiva, xa que terá lugar unha ruta en BTT (ou bicicleta de montaña) polos montes deste lugar. Está organizada pola “Asociación Veciñal da Virxe das Neves” e trátase da primeira actividade desta clase celebrada en Pombeiro.

Existen dous formatos de percorrido, un longo (duns 45 quilómetros) e outro máis curto (duns 25 quilómetros). Para ambos o prezo de inscrición é de 15 euros, que inclúe un agasallo. Os interesados poderán anotarse ata o vindeiro 7 de agosto a través deste enlace. Polo momento, xa se conta con case 15 persoas na inscrición.

O punto de comezo da ruta será o Campo do Rigueiro. Alí tamén se recollerán os dorsais entre as 8:00 e as 9:15 da mañá.

ÚLTIMAS

Moito público e gran participación no Desfile de Martes de Entroido monfortino

Con máis de 1.300 participantes no Desfile de Comparsas e Disfraces e as rúas...

O Oso de Salcedo volveu facer das súas este luns

Arias felicitou á veciñanza de Salcedo polo seu traballo para preservar "un dos Entroidos...

1.300 inscritos na XII edición do Quiroga Trail Challenge

Pechadas xa as inscricións unhas horas antes da data límite por prazas esgotadas destácase...

‘Amandi. Un viño de cine’ anunciará a cita de Sober

O xurado, formado por técnicos municipais, elixiu entre unha vintena de propostas chegadas de...