Homesociedade600.000€ para actuar de emerxencia na mellora da LU-P-4103 en Pantón

600.000€ para actuar de emerxencia na mellora da LU-P-4103 en Pantón

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres un investimento por un importe económico conxunto de preto de 2M€ para mellorar estradas provinciais, municipais e actuacións de emerxencia en vías afectadas polas intensas chuvias do mes de febreiro. Este orzamento inclúe actuacións en oito concellos: Lugo, Abadín, A Pontenova, Chantada, Carballedo, Pantón, Cervantes e Mondoñedo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, destaca “Trátase dun investimento moi importante para a mobilidade da provincia, e para dar resposta coa máxima celeridade ás emerxencias complexas provocadas polos recentes temporais”.

Entre os concellos de Chantada e Carballedo licitáronse traballos para mellorar os case nove quilómetros e medio do inicio da vía da LU-P-1807, que conecta Chantada coa parroquia carballedesa de Cartelos, pasando pola parroquia chantadina de Santa Uxía de Asma. O orzamento de licitación é dalgo máis de 260.000€ e un prazo de execución de 4 meses. Realizaranse na vía a reapertura de cunetas e a renovación do firme.

Declarouse de emerxencia o arranxo de dúas estradas provinciais ao seu paso polos concellos de Pantón e Cervantes, que foron danadas polas intensas choivas do mes de febreiro e que, en conxunto, suman un investimento superior aos 700.000€. No caso de Pantón, a Deputación encargou á empresa TA Isidro Hnos Blanco Trigo as obras para restablecer a circulación na vía LU-P-4103, tralo derrube de terra á altura do quilómetro 2.

O tramo afectado desta estrada, que comunica Ferreira de Pantón co encoro de Santo Estevo, presenta un risco elevado de novos desprendementos, polo que foi preciso realizar a expropiación dos terreos tras a valoración técnica dos profesionais, garantindo a seguridade da intervención e evitando danos maiores. O orzamento estimado é de practicamente 600.000€, e nos vindeiros días aprobarase o proxecto definitivo, “co obxectivo de actuar coa máxima celeridade, sendo conscientes da importancia social desta estrada provincial”, valorou Porto.

      

ÚLTIMAS

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...