HomesociedadeEstablécese o dispositivo de seguridade para a Mostra do Aceite e a...

Establécese o dispositivo de seguridade para a Mostra do Aceite e a Feira do Viño de Quiroga

A subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López subliñou a importancia destas xuntas de coordinación para “anticiparse ás necesidades de seguridade dos eventos do municipio e garantir que veciñanza e visitantes poidan gozar das celebracións con tranquilidade”. A Feira do Viño celebrarase na primeira fin de semana de abril e a Mostra do Aceite os días 14 e 15 de marzo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A subdelegada do Goberno en Lugo presidiu esta mañá a Xunta Local de Seguridade de Quiroga para coordinar o dispositivo especial que se activará con motivo da XXVI Mostra do Aceite de Quiroga e, especialmente, da XLIV Feira do Viño de Quiroga, dous eventos que cada ano reúnen a numerosos visitantes no municipio.

Durante a reunión, na que participaron representantes da Garda Civil, da Policía Local e do Concello, analizouse o operativo previsto para garantir o correcto desenvolvemento das celebracións, reforzando a coordinación entre as forzas e corpos de seguridade e prestando especial atención á seguridade viaria, á prevención de incidentes e á protección das persoas asistentes.

No encontro tamén se realizou unha valoración da situación da seguridade cidadá no Concello de Quiroga, destacando a boa coordinación existente entre as distintas administracións e corpos policiais.

Ademais, abordouse o desenvolvemento do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos, que inclúe a realización de charlas por parte da Garda Civil no CEIP de Quiroga e no IES de Quiroga, centradas na prevención de riscos entre a mocidade e na promoción dunha convivencia segura tanto no ámbito escolar como no dixital.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...