HomeDeportesXornadas de portas abertas no Club de Atletismo da Gándara

Xornadas de portas abertas no Club de Atletismo da Gándara

A nova tempada 2019-2020 deu comezo o pasado luns, 16 de setembro, nas instalacións das Pistas de Atletismo Saleta Fernandez de Monforte.

Publicado o

- Advertisement -

Os días 23, 25 e 30 de setembro aínda teñen posibilidade de probar diferentes disciplinas do atletismo aqueles nenos e nenas de Monforte e da contorna que o desexen como primeira toma da contacto con este deporte e valorar se queren anotarse.

O Club de Atletismo da Gándara continuará no que resta de mes coa xornada de portas abertas, nos horarios e días habituais segundo a categoría, co cal os/as interesados/as poden achegarse sen compromiso e de xeito gratuíto. Daquela, as inscricións estarán abertas, non só para as novas incoporacións, senón para os/as que decidan continuarunha tempada máis.

Días atrás contaron coa presenza de Saleta Fernandez, nun pequeno encontro cos/coas atletas do Club da Gándara. Ademais de poder tocar a medalla de campiona de España de Salto de altura, os máis pequenos entregáronlle a nova equipación do seu Club de orixe.

Ruben Castro Portela, antigo campión galego de cros, máis coñecido no mundo do atletismo como Macaná, continuará dirixindo os entrenamentos esta tempada.

ÚLTIMAS

Máis dun cento de persoas asisten á proxección de Reboiras en Monforte

Ao remate da proxección tivo lugar un coloquio no que interviron dous militantes da...

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...