HomeDeportesDous podios para o Club Atletismo A Gándara de Monforte

Dous podios para o Club Atletismo A Gándara de Monforte

Os irmáns Carlos e Paloma López Moral acadaron prata e bronce nas súas respectivas categorías no Cross Ponte Romana de Lugo o pasado 24 de novembro.

Publicado o

- Advertisement -

O Club de Atletismo A Gándara desprazou a 24 atletas o domingo a Lugo, onde destacaron as medallas obtidas por Carlos e Paloma, pero tamén o cuarto posto no Cross Popular obtido por Manuel Besteiro “Manolito”, tendo en conta que o Cross Ponte Romana pertence á Liga ADOC, onde están os mellores cross do estado.

A competición continuará esta vindeira fin de semana en Portomarín onde comenza a competición do Xogade para as máis pequenas do club e o campionato provincial para as categorías de maiores. O Club de Atletismo da Gándará desprazará 36 atletas o domingo a Portomarín.

Paloma López Moral, bronce. Foto: Club Atletismo A Gándara

ÚLTIMAS

Monforte reabre o Parque da Compañía

As actuacións executadas consistiron na substitución do firme do percorrido peonil e do carril...

“Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”, reclama a concentración de Monforte

A concentración en Monforte tivo lugar na Praza de España, ás 12.00 horas. Os...

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...