HomeDeportesO monfortino Eduardo Iglesias, único motorista galego que vai polo segundo Dakar

O monfortino Eduardo Iglesias, único motorista galego que vai polo segundo Dakar

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, deu a coñecer, xunto ó piloto de motos, Eduardo Iglesias, o equipo que en xaneiro de 2021 participará nunha nova edición do rally Dakar, sendo por segundo ano consecutivo o primeiro motorista monfortino e galego en facelo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O rexedor municipal, José Tomé, ademais de manifestarlle todo o apoio da cidadanía, destacou o apoio económico que dende o Concello se lle proporciona ó equipo do piloto monfortino, “unha axuda de 5.000 euros que sen dúbida contribuirá a que de novo Monforte e á Ribeira Sacra estean representados nun evento deportivo que xenera un enorme seguimento e ten unha repercusión mundial, con máis de 200 millóns de telespectadores”. 

Eduardo Iglesias superou todas as previsións na súa primeira participación no Dakar: non so conseguiu rematar o que é o rally máis duro do mundo, que se celebrou en terras de Arabia Saudita, senón que ademais fíxoo entre os 100 primeiros clasificados, nunha meritorio posto 94.

“Este ano non lle imos pedir menos porque estou seguro de que Eduardo e o seu equipo volverán a dalo todo, co obxectivo de volver a rubricar unha exitosa participación nesta edición do Dakar, que transcorrerá, como en 2020, por terras de Arabia Saudita do 3 ó 15 de xaneiro de 2021” destacou o rexedor municipal.

O Alcalde manifestoulle o seu orgullo, e o de todos os monfortinos, por representar de novo a Monforte e á Ribeira Sacra nun evento deportivo desta índole, e desexoulle o maior dos éxitos nesta segunda participación no Dakar.

Pola súa banda, Eduardo Iglesias agradeceu o apoio que recibiu tanto dende o Concello como dende a Deputación de Lugo para este novo reto, e comprometeuse a acadar os éxitos conseguidos na súa primeira participación. 

Eduardo Iglesias / XdL
Moto coa que compite o monfortino / XdL

ÚLTIMAS

O programa da Escola á Granxa preséntase este 9 de abril no Centro Cívico de Monforte

O deputado de Rural, Daniel García e persoal da área impartirán unha charla informativa...

O servizo de augas de Monforte é alleo ás análises de auga que se están facendo nas casas

Tanto o concello de Monforte como Aqualia veñen recibindo nos últimos días chamadas da...

Conta atrás para a ‘Festa da Carne ao Caldeiro’ de Castro de Carballedo

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, e as responsables da organización,  Hita...

Quiroga presenta un amplo programa para celebrar a súa XLIII Feira do Viño

O programa ábrese o venres día 18 coa cata de espumosos, que se desenvolverá...