HomeEn profundidadeDaveiga dá a coñecer o seu 'modelo de economía social' ás novas...

Daveiga dá a coñecer o seu ‘modelo de economía social’ ás novas xeracións con visitas escolares

Lugar da Veiga S.L.L., fiel ao seu modelo de xestión empresarial responsable, promove dende hai uns anos un proxecto para fomentar no ámbito escolar o desenvolvemento económico sustentable e o emprendemento no ámbito rural creando riqueza na contorna.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Dende a sociedade explican que se puxo en marcha no curso 2019-2020 como un proxecto piloto. Daquela participaron 5 centros educativos de ensino medio; 3 de Monforte, 1 de Ourense, 1 de Chantada e 1 de Lalín así como tamén o Máster DEIN da facultade de  CCEE da USC. “Unha vez comprobada a boa acollida por parte dos centros, decidimos continualo despois dun parón polo COVID,  no curso escolar 2022-2023”, explica o seu coordinador xeral, Xosé Lois Lamazares.

A iniciativa divulgativa vai dirixida a alumnos/as de Ciclos Medios e Superiores de Formación Profesional, alumnado de último curso de Bacharelato e alumnos/as Universitarios para achegarlles a perspectiva de oportunidades que ofrece apostar pola economía social e aproveitar a contorna máis próxima e o ámbito rural para emprender.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

A Galiña de Mos chega con actividades formativas ao CEIP de Monforte

A iniciativa achega ao alumnado o ciclo de incubación e nacemento dos ovos ao...

Convocado o concurso oficial para o cartel da XXII Feira Outrora de Rubián

O Concello de Bóveda vén de anunciar a convocatoria para participar no concurso gráfico...

O Cineclub Ateneo de Monforte propón cine e música para celebrar o 1º de maio

O Cineclub Ateneo organiza unha programación especial para este primeiro de maio. Ás 20:00h...

Tres día de Feira do Viño en Vilachá de Salvadur para a ponte de maio

Unha nova edición da Feira do Viño de Vilachá celébrase na ponte de maio...