InicioDeportesAs promesas do Quixós demostran o seu potencial en Ponteareas

As promesas do Quixós demostran o seu potencial en Ponteareas

O club de piragüismo monfortino levou o triunfo por equipos na primeira proba da Liga Galega de Promoción de Slalom Olímpico deste 2021. Na súa participación individual sumou 13 medallas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A competición desenvolveuse no río Tea, en Ponteareas ao longo da mañá deste domingo 13 de xuño. Foi a primeira oportunidade para varios dos piragüistas máis novos do club monfortino e todos e todas renderon a un moi alto nivel, froito do cal acadaron o primeiro posto por equipos –-de segundo quedou o Club Tea de Mondariz, e de terceiro O Deportivo Miño Os Teixugos de Tomiño–.

Carlos Serafín recollía o título de mellor equipo. Foto: Club Quixós

O balance para o Club Quixós, espectacular, 13 medallas individuais e a copa polo triunfo colectivo. Así se repartiron as medallas:

En K1 Muller Alevín  Sara Inés Varela e Mara Ledo foron segunda e terceira respectivamente; en K1 Muller Infantil Nerea Gutiérrez quedou primeira; en C1 Home Alevín Martín Prats primeiro; en C1 Home Infantil Jacobo Rodríguez quedou en segunda posición; en C1 Muller Alevín Sara Inés Varela e Mara Ledo quedaron segunda e terceira; en C1 Muller Infantil Nerea Gutiérrez recuncaba con outro ouro; en K1 Home Prebenxamín Antón Liñares levou o ouro e Marco Rodríguez o bronce; en K1 Home Benxamín Xoel Fernández foi primeiro; en K1 Home Alevín Martín Prats recuncaba con outro ouro; e en K1 Home Infantil Jacobo Rodríguez fíxose coa victoria.

Nun momento da competición. Foto: Quixós

A crónica completa da proba podedes seguila na páxina da Federación Galega de Piragüismo.

ÚLTIMAS

Charla sobre o conflito palestino este 15 de maio na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón organiza unha charla sobre o conflito entre Gaza...

Cabanas de madeira nun bosque embruxado con esculturas en Sober

O promotor desta iniciativa de camping na natureza, o empresario local, Rubén Vázquez, decide...

113.000€ para a mellora da estrada provincial que une Sarria con Piñeira

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación de...

O PP de Monforte demanda solucións ao firme do aparcadoiro do cemiterio

Katy Varela explica que, pese a que se pediu anteriormente, o goberno local non...