Homesociedade113.000€ para a mellora da estrada provincial que une Sarria con Piñeira

113.000€ para a mellora da estrada provincial que une Sarria con Piñeira

A Xunta de Goberno da Deputación Provincial tamén aprobou a adxudicación do contrato para o desenvolvemento das viaxes gratuítas do programa Coñece a túa provincia á empresa Agrupación de Transportes de Viajeros S.A. por 434.000€. O contrato ten vixencia ata o 31 de decembro de 2025, con opción a tres prórrogas anuais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación de dúas novas obras en estradas provinciais, neste caso ao seu paso polos concellos de Sarria e de Vilalba cun investimento conxunto de máis de 200.000€.

No caso de Sarria, a Deputación vai mellorar a LU-P-5713, que une Sarria con Piñeira, cun orzamento de máis de 113.000€. Vanse arranxar os dous primeiros quilómetros dende o inicio da vía, cun prazo de execución de 3 meses. As obras consisten na reapertura de cunetas, a limpeza da drenaxe, a pavimentación e a sinalización vertical.

O Coñece a túa provincia bate récords

A Deputación puxo en marcha este programa co obxectivo de fomentar o turismo de proximidade na provincia e favorecer a actividade económica no sector turístico, no comercio e na hostalería.

Na pasada semana abriuse o prazo para que as entidades asociativas da provincia solicitasen participar nesta edición e xa se esgotaron as prazas. García Porto salientou que “en apenas 3 horas dende a apertura do Rexistro, xa se rexistraran máis solicitudes que as 1.840 prazas dispoñibles, e hoxe mesmo, un día despois da apertura, un total de 212 asociacións presentaron a súa solicitude. Un dato que nos evidencia que é un programa que funciona, que cumpre os obxectivos e que lle gusta moito á xente”. Desde setembro do 2021, máis de 8.000 participantes de 358 asociacións xeraron un retorno económico estimado de máis de medio millón de euros.

Aproveitando este asunto, a Deputada pediulle ao Partido Popular que “rectifique e que pida desculpas públicas por todas as mentiras e infamias que verteu contra esta institución e contra os seus empregados públicos en relación co proceso de contratación do programa Coñece a túa Provincia”. “Facendo gala das súas malas artes e indignidade política, o Partido Popular chegounos a acusar de manipular o proceso de adxudicación deste contrato para comprar  vontades, cuestionando, polo tanto, o bo facer, o traballo xurídico e de fiscalización dos traballadores desta casa, ademais da súa imparcialidade absoluta”, apuntou.

ÚLTIMAS

31 de maio, Día da Xuventude en Chantada

No Concello de Chantada o Día da Xuventude celebrarase na praza diante do Polideportivo...

Mellores condicións para o alumnado da Casa da Música de Chantada

Dende a Casa da Música de Chantada, onde forman a nenos e nenas de...

Investigado por circular a 190km/h nunha vía de 90Km/h en Pantón

A Garda Civil investigou a un veciño de Salamanca, de 32 anos de idade, como suposto...

As oportunidades das Comunidades de Montes a debate, este 28 de maio en Taboada

No encontro de Taboada analizaranse as oportunidades que teñen as Comunidades de Montes para a xeración de riqueza...