InicioDeportesUn novo éxito do Quixós, que chega a Monforte con 16 medallas

Un novo éxito do Quixós, que chega a Monforte con 16 medallas

Participou esta pasada fin de semana no Campionato de España de descenso de Augas Bravas en distancia sprint e distancia clásica. No apartado individual sumaron 16 medallas e no colectivo acadaron o terceiro posto en ‘jóvenes promesas’ e o terceiro en ‘clásica’.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A expedición do Club monfortino de piragüismo Quixós chegaba na tarde do domingo 20 de xuño a Monforte, e facíao coa satisfacción dun novo éxito deportivo.

O canal de augas bravas Sabero-Alejico, en terras leonesas, acolleu os días 19 e 20 de xuño o Campionato de España de descenso en modalidade sprint e clásica, competición que se lle deu moi ben ás palistas e aos palistas monfortinos. Rematada a modalidade sprint o club sumaba 12 medallas e xa o domingo, 4 máis na distancia clásica. No balance final, por clubs, dous terceiros postos para o Quixós.

Trofeos polos dous terceiros postos por equipos / XdL

MEDALLISTAS

Noa Díaz obtivo 3 medallas de ouro, dúas en sprint (K1 e C1) e unha en clásica (K1); Efrén Álvarez outras 3, 2 de prata (sprint C1 e clásica K1) e 1 de bronce (sprint K1); Claudio Fernández volve con 2 medallas, unha de ouro (sprint C1) e outra de bronce en (clásica C2 senior) compartida con Antonio Fernández; Gabriel Rodríguez 2 medallas, unha de ouro (clásica K1) e unha de prata (sprint K1); Ximena Prats 2 de prata (sprint K1 e C1); Nerea unha de prata (sprint K1); Jacobo unha de prata (sprint K1); Diego unha de prata en sprint (Infantil B) e Carlos Serafín prata en veteráns sprint.

Descargando as piragüas no Parque dos Condes / XdL

Imaxes da competición que comparte o Club Quixós na súa páxina de Facebook.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte demanda solucións ao firme do aparcadoiro do cemiterio

Katy Varela explica que, pese a que se pediu anteriormente, o goberno local non...

O concello de Monforte informa do traslado das mesas electorais do antigo edificio do Centro de Drogodependencias

Este traslado é debido ás obras que se están a levar a cabo no...

A Virxe dos Remedios da Ermida, en Quiroga, prepárase para a súa coroación canónica en setembro

Ata o momento viñéronse realizando unha serie de actuacións sobre a imaxe, como obra...

Prakash Aisa Barrera faise co Campionato de España maculino Pitch & Putt

O gañador do XIX Campionato de España masculino de Pitch & Putt 2024, que...