HomesociedadeO concello de Monforte informa do traslado das mesas electorais do antigo...

O concello de Monforte informa do traslado das mesas electorais do antigo edificio do Centro de Drogodependencias

As mesas electorais ubicaranse no Espazo Gastronómico e nos Mercados da Praza de Abastos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este traslado é debido ás obras que se están a levar a cabo no antigo edificio de Sanidade-
Drogodependencias para a ubicación da nova Comisaría da Policía Nacional de Monforte.

As mesas electorais que se ven afectadas por esta obra son as seguintes:

  • Distrito 1 Sección 3 Mesa A: Mesa situada no antigo Centro de Drogodependencias ubicado na rúa Otero Pedrayo. Inclúe as letras A-Z, de veciños e veciñas residentes nas rúas Cardenal, Hortas, Hermida Balado, Dr. Teixeiro, Roberto Baamonde, Inés de Castro, Comercio, Armando Cotarelo, Julio Camba así como Avda. de Galicia e Praza de, Dr. Goianes, que pasa a estar ubicada no espazo gastronómico.
  • Distrito 2 Sección 2 Mesa A: Mesa situada no antigo Centro de Hixiene e Sanidade, ubicado na Avda. de Galicia. Inclúe as letras A-L, de veciños e veciñas residentes nas rúas Otero Pedrayo, Historiador Germán Vázquez, Conde, Estrella, Poeta Lois Pereiro, Central, Miguel de Cervantes, Roberto Baamonde, Dr. Fleming, Malloadas, así como Avda. de Galicia, Praza Ponte Fontecha e Praza Piñeiro.
  • Distrito 2 Sección 2 Mesa B: Mesa situada no antigo Centro de Hixiene e Sanidade, ubicado na Avda. de Galicia. Inclúe as letras M-Z, de veciños e veciñas residentes nas rúas Otero Pedrayo, Historiador Germán Vázquez, Conde, Estrella, Poeta Lois Pereiro, Central, Miguel de Cervantes, Roberto Baamonde, Dr. Fleming, Malloadas, así como Avda. de Galicia, Praza Ponte Fontecha e Praza Piñeiro. Estas dúas mesas, situaránse a ambas marxes da zona onde se fan os mercados da Praza de Abastos.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...