HomeOpiniónA Virxe dos Remedios da Ermida, en Quiroga, prepárase para a súa...

A Virxe dos Remedios da Ermida, en Quiroga, prepárase para a súa coroación canónica en setembro

Hoxe día 13 de maio, festividade da Virxe de Fátima, na Sala Capitular da catedral de Lugo, medio cento de veciños do val de Quiroga acudiron á presentación dos deseños de pratería que engalanarán a Virxe dos Remedios da Ermida, despois da súa coroación canónica, o día 9 de setembro.

Publicado o

POR
Jesús Río Ramilo
- Advertisement -

Ata o momento viñéronse realizando unha serie de actuacións sobre a imaxe, como obra de arte, cuxo fin último foi a salvagarda e mellora na conservación e exposición desta icona devocional. Establecéndose uns traballos de restauración, que terminaron este mes de maio, por medio dos cales se desposuíu á peza de todos os aditamentos barrocos que neste período artístico engadíranselle co fin último de converter unha escultura en pedra nunha imaxe vestidera, desvirtuando totalmente a súa valía tanto estética como histórica. Por tanto, neste labor, elimináronse elementos metálicos para suxeitar o enxoval téxtil e de pratería. Polo tanto, nesgando a iconografía orixinal deseñada polo seu autor: “A maternidade divina da Virxe María”, ocultándose a figura do Divino Infante que está a ser aleitado pola súa bendita Nai, coñecida en moitos lugares como a Virxe do Leite.

Ante a necesidade de idear novos sistemas de exposición e estabilización, o restaurador malagueño D. Francisco Naranjo Beltrán, ao que tamén se lle encargou o deseño dos elementos de pratería que servirán para o rito de coroación e dos cales falaremos máis adiante, ideou unha renovación da icona aproveitando a realización dun novo sistema para expoñer á imaxe no retablo da súa ermida. Unha actualización iconográfica que facilitará a conservación da escultura e a contemplación dos fieis en todo o seu esplendor, revalorizando a súa calidade estética e a súa riqueza material.

Virxe Os Remedios de A Ermida / JRR

A Virxe dos Remedios presentarase sobre peana de prata, con querubines, e tocada cun manto bordado en ouro sobre veludo azul que será obra de Taller de Bordados Artesanais Manuel Mendoza.

Posto que a talla incorpora unha presea sobre as súas tempas optouse, para distinguir a realeza de María no rito de coroación, por un refacho de dimensións importantes, inspiradas noutros referentes marianos a nivel nacional, como é a Virxe do Pilar de Zaragoza.

Cunha coroa de forma tradicional cubrirase a cimera do Niño Jesús que o protocolo obriga a coroar en primeiro lugar.

O conxunto, deseñado por Naranjo, ten unha importante inspiración medievalista para axustarse mellor ao período de execución da imaxe dos Remedios, do s. XIV, cando, segundo a tradición, un peregrino inglés introduciuna en terras galegas no trascurso do seu camiñar cara á tumba do Apóstolo, quedando depositada por diferentes vicisitudes no cerro da Ermida para a devoción atemporal dos fieis lucenses.

O refacho que nimbará á nai de Dios, está inspirado nas pezas de xoiería representadas en moitos cadros do ámbito da pintura flamenca, onde o tema da coroación da Virxe María é amplamente representado, tomando destas estética, formas, elementos ornamentais e a utilización da riqueza que achega as xemas e perlas de diferentes tallas e formas.

Este resplandor de perfil circular e estrutura radial alterna elementos vexetais como os pomos de azucenas con fas de luces rematados por estrelas de 6 puntas en clara alusión á pureza de María e á luz divina respectivamente.

O engarce destes motivos faise mediante unha cinta entrelazada que achega uns ritmos mixtilíneos que permiten a achega de novos motivos ornamentais, como son as flores de lis, moi representativas da realeza das cortes europeas.

Nun intento de completar con simbolismo e mensaxes o conxunto, o seu autor, tivo en conta a gargantilla gravada coas primeiras palabras do anuncio do anxo Gabriel a María – “Ave María, Gratia Plena”- un elemento realizado en prata e gravado con tipografía gótica e que foi descuberto no seu proceso de restauración e que agora adquire continuidade na aureola ao pechar a mesma cunha preponderante cinta tamén gravada coa mesma tipografía, rezando os primeiros versos da cantiga número X a Santa María de Alfonso X O Sabio, escrita en galaico portugués, idioma que gustaba ao monarca para trovar, deixando o castelán para as súas obras en prosa e que di asi: “Rosa das rosas e fror das frores, donna das donnas, sennor das sennores”Rosa das rosas e fror das frores, donna das donnas, sennor dás sennores”.

Por último, este anel remátase interiormente cunha crestería de flores de lis que apuntan cara ao eixo cuxo centro localizamos na fronte de María.

A coroa para as tempas do Niño Jesús, debido ás necesarias reducidas dimensións, destaca pola súa simpleza ornamental, limitándose a un anel rematado por 4 flores de lis e que confía a súa riqueza ao engarce de pedras preciosas e perlas.

Os toques de cor asolagan ricamente o deseño, engarzando amatistas talladas en cabujón que alternan con perlas esféricas e en forma de pera.

O relato evanxélico da apocalipse que fala da visión da muller que pisa o crecente lunar mentres é axexada pola besta tamén é representado neste conxunto ideado para a ocasión, coa hechura dunha media lúa en prata de lei que se remata con 2 estrelas de seis puntas chapadas en ouro e que no seu parte central señorea o anagrama mariano por excelencia, o ave maría, rematado por coroa imperial, en alusión á tan alta distinción que a soberana imaxe recibirá, D.M., o 9 de setembro deste ano.

O prateiro malagueño D Miguel Ángel Martin Cuevas, no seu taller coñecido como Ourivaría Montenegro, será o encargado da execución deste delicado traballo en prata de lei e chapado en ouro.

D. Miguel Ángel comezou a súa formación nos Talleres Angulo de Lucena (Córdoba) é un afamado artista nesta materia, onde xa deixou o seu sinal en numerosos traballos executados para bastantes lugares da xeografía española, entre outras na diocese veciña de Ourense coa, tamén, coroa de coroación da virxe dos Remedios de Castro Caldelas que foi imposta o domingo día 12 na devandita localidade.

Virxe Os Remedios de A Ermida / JRR

ÚLTIMAS

Graduación de 2º de Bacharelato do IES A Pinguela

O IES A Pinguela celebrou un animado acto de graduación no que 53 alumnos...

Ferran Centelles: “Delicadeza é o que falta historicamente en España e a Ribeira Sacra ten o potencial de ofrecer eses viños”

Esta cata forma parte dos esforzos da Denominación de Orixe Ribeira Sacra para destacar...

O IES A Pinguela, único instituto de Galicia con FP de calzado e complementos de moda

Do encontro participou o profesorado do IES A Pinguela con empresarios monfortinos do sector...

O 30 de xuño o colexio de Sober celebra o 50 aniversario cun xantar de confraternidade

Ao longo deste medio século de vida teñen pasado polo centro máis de 1.270...