HomeDeportesO club de piragüismo Quixós campión Galego de Promoción Slalom

O club de piragüismo Quixós campión Galego de Promoción Slalom

Este domingo, 26 de setembro, participaba na competición final da liga e ao mesmo tempo campionato galego nas augas do río Tea en Mondariz. Éxito rotundo con 7 campións/oas galegos/as e título ao mellor equipo de Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A praia fluvial do Val, en Mondariz, acollía na xornada do 26 de setembro a última proba para os/as participantes da Promoción Slalom galega 2021. Unha competición que se presentaba así mesmo como ‘Campionato Galego de Promoción Slalom’.

As augas calmas, pero moi duras, do río Tea, foron testemuñas dunha moi nutrida participación e dun novo éxito do Quixós. Tras dúas mangas, nas que se superaron os cen participantes, o club monfortino pode presumir de colocar a 7 piragüistas como os mellores de Galicia e de acadar o título de mellor equipo.

Podium por equipos. Santi, director técnico do Quixós, no 1º caixón / XMF

Como campións/campioas galegos/as quedaron: Jacobo en K1 e C1 infantil, Nerea en K1 infantil, Martín Prats en K1 alevín, Xoel Fernández en K1 benxamín, Antón Liñares e Abril Fernández en K1 prebenxamín.

Cómpre destacar tamén as medallas de prata para: Nerea en C1 infantil, Sara Inés en K1 e C1 alevín, Martín Prats en C1 alevín e Mateo en K1 prebenxamín.

E xa para rematar o reparto de medallas entre os padexeiros/as do Quixós, mencionar os 3 bronces acadados por: Marco Rodríguez en K1 prebenxamín, Rodrigo Morillo en K1 benxamín e Mara Ledo en K1 alevín.

Un momento da competición con Xoel Fernández, do club Quixós. Foto: Marga M.

ÚLTIMAS

O (Re)encontro: entrando na Xeración Lugo da Rede Museística e nun modelo de xestión que democratiza a cultura e o acceso a ela

A xerente da Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL), Encarna Lago, advirte ao respecto...

Extinguido o incendio forestal de Cangas, en Pantón

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal do concello de...

Chantada presume de espazos verdes para revalidar título no certame Vilas en Flor

O 14 de novembro celébrase en Carballo a entrega destes recoñecementos e o Concello...

“Un fío para saír do labirinto” este 20 de outubro no Museo Pazo de Tor

O teatro, máis aló dos escenarios, é unha poderosa ferramenta para o benestar. Este...