Ruta ciclista previa promocional polo percorrido da etapa sarriá da volta a Galiza “O Gran Camiño”

Será este sábado 5 de febreiro e seguirá un itinerario que coincide coa etapa sarriá desta volta profesional que patrocina a Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Presentación O Gran Camiño / Vicepresidencia Deputación

Ciclistas afeccionados de clubs de Sarria e Lugo, o deputado provincial Efrén Castro e o ex ciclista profesional Ezequiel Mosquera, farán o mesmo percorrido que completará o pelotón internacional o vindeiro 27 de febreiro, na cuarta e última etapa do Gran Camiño. Será este sábado, 5 de febreiro, e o punto de encontro e saída da ruta ás 11.00 horas no Campo do Río –Sarria–.

Trátase de 15,8 quilómetros con saída do casco urbano de Sarria, tramos polas estradas LU-P-5707 e LU-P-5602, coincidindo co trazado do Camiño de Santiago, e volta á vila para alcanzar a meta, situada na Rúa do Castelo, fronte as icónicas letras de Sarria.

A tres semanas do evento, que pretende recuperar un espazo propio para o ciclismo profesional galego no calendario internacional, a área de Deportes da Deputación de Lugo promove esta ruta que pretende promocionar o evento no mundo do ciclismo afeccionado e de base, ao tempo que se proxecta Sarria como destino turístico e deportivo e punto de referencia do Camiño de Santiago.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here