HomeEconomíaAxudas á contratación de persoal de turismo en municipios turísticos

Axudas á contratación de persoal de turismo en municipios turísticos

A Xunta de Galicia inviste 57.000 euros no financiamento dos gastos de contratación de persoal nas oficinas de turismo de dez concellos lucenses declarados municipios turísticos e do xeodestino da Ribeira Sacra.

Publicado o

- Advertisement -

Este programa da Xunta concede a axuda a todos os xeodestinos e aos concellos que contan coa declaración de municipios turísticos sempre que o soliciten en tempo e forma. Cada un recibe arredor de 5.000 euros para financiar os custos salariais dun técnico no período comprendido entre o 15 de xuño e o 15 de setembro.

Na provincia, os concellos beneficiarios son os de Mondoñedo, Foz, Sober, Sarria, Quiroga, Ribadeo, Viveiro, Samos, Chantada e Palas de Rei, e tamén o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra que xestiona este xeodestino.

Como medida de fomento do emprego, o persoal que se contrate deberá figurar como desempregado, ou demandante dunha mellora de emprego, no Servizo Público de Emprego de Galicia.

Igualmente, deberá ser persoal cualificado, en posesión dalgún dos seguintes títulos ou habilitacións: técnico superior en Información e Comercialización Turística ou técnico superior en Guía, Información e Asistencia Turística; técnico en Empresas e Actividades Turísticas, grao ou diplomado/a en Turismo ou equivalente homologado ou ben contar coa habilitación de guía de turismo, ou certificado de profesionalidade de Promoción Turística Local e Información ao Visitante.

ÚLTIMAS

“Entre Bruxas” en Torbeo, este 21 de novembro desde as 18:00

No 2025, asociación e concello puxeron en marcha «Tempo de Bruxas», un encontro dedicado...

Mitin dos socialistas en Quiroga e encontro en Taboada

Os candidatos do PSdeG ao Congreso e ao Senado por Lugo, Patricia Otero e...

AulABERTA presenta o último poemario de Abraham Pérez este 19 de novembro no Centro do Viño

O acto celebrarase ás 19:00 horas no Centro do Viño de Monforte de Lemos...

“O Son da Serra, cando O Courel derramou bágoas de cinsa” proxéctase este 19 de novembro no Multiusos de Samos

O Son da Serra, Cando O Courel derramou bágoas de cinsa é o filme...