InicioEconomíaImpulso á dinamización das comarcas vitícolas de Galicia

Impulso á dinamización das comarcas vitícolas de Galicia

A Xunta inviste 750.000 euros na dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia. Este 9 de agosto asinouse o convenio para a elaboración da Estratexia.

Publicado o

- Advertisement -

O convenio está asinado polos conselleiros de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e do Medio Rural, José González, así como polo presidente da Fundación Juana de Vega, Enrique Sáez. Beneficiaranse da iniciativa os territorios das cinco denominacións de orixe vitivinícolas de Galicia (Rías Baixas, Ribeiro, Valdeorras, Ribeira Sacra e Monterrei) e das catro indicacións xeográficas protexidas (Val do Miño, Betanzos, Barbanza e Iria, Ribeira do Morrazo).

Para levar a cabo as accións previstas na Estratexia, ao convenio asinado hoxe, que conta cun orzamento superior aos 388.000 euros, engadiranse outros 360.000 euros do Plan de internacionalización para o viño e os licores de Galicia que impulsa o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

O acordo busca o desenvolvemento territorial integrado, coordinado e consensuado que conte coa participación de todos os axentes clave do territorio. Ao tempo, a estratexia persegue mellorar o posicionamento dos viños galegos, reforzar a súa imaxe de marca e identidade vinculada aos diversos territorios e mellorar a eficacia da promoción e comercialización de produtos turísticos vinculados ao sector vitivinícola.

Neste acto, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, destacou o peso do sector vitivinícola na economía galega, con máis de 450 adegas, máis de 13.000 viticultores e que xera un valor anual de 200 millóns de euros. Salientou a necesidade de ampliar a base exportadora dun sector, que xa vende no exterior 1 de cada 5 botellas que produce.

Pola súa banda, o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, salientou a importancia deste plan para a creación de novos produtos turísticos que contribúen a descentralizar o turismo e ao desenvolvemento do rural.

O conselleiro do Medio Rural, José González, destacou que se trata dunha iniciativa integral, común e coordinada con todos os axentes do sector vitivinícola. Trátase, dixo, de reforzar as sinerxías con outros sectores, coma o turístico, o vinculado ao patrimonio cultural e o relacionado coa paisaxe, para desenvolver o eido vitivinícola dun xeito integral.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...