InicioEconomíaAxudas ao emprendemento para Lemos e Samos

Axudas ao emprendemento para Lemos e Samos

A Xunta achega 776.000 euros para a posta en marcha de 13 novas empresas na provincia de Lugo

Publicado o

- Advertisement -

A Consellería de Economía, Emprego e Industria destinou, no último ano, 776.000 euros a trece emprendedores lucenses para a posta en marcha doutras tantas novas empresas na provincia, que mobilizan un investimento global de 1,4 millóns de euros. As axudas corresponden aos programas Galicia Emprende e Galicia Rural Emprende.

Estas liñas de impulso ao emprendemento, que xestiona o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), permitiron que en Monforte se crearan dúas novas empresas:

  • Vigo 10 Servicon SL-Bufete de Avogados, que pon en marcha unha consultoría para empresas especializada en temas medio ambientais (asesoramento sobre deducións fiscais por investimentos de carácter medioambiental, certificado de pegada de carbono, avaliacións ambientais estratéxicas,… etc). Esta empresa recibe 70.000 €, a máxima contía para un investimento de 70.771 €.
  • E Pablo Yáñez Fernández, adicado ao asesoramente e a xestión forestal. Esta empresa recibe 37.500 euros para un investimento de 44.722 €.

En Samos, Ana María López López, recibe 11.260 € para un negocio de hostalería que ten unha inversión de 37.536 €. Outras actividades subvencionadas na provincia están relacionadas con: artes gráficas dixitais, laboratorio de anatomía patolóxica animal, bases de datos e xeoposicionados, xestión integral de proxectos de enxeñería, consultoría informática, accións promocionais escénicas, albergue turístico, revalorización de restos de poda mediante compostaxe, taller de mercanizado industrial de precisión e un centro de día.

Consultora Ambiental / Delegación Territorial

Das novas empresas, 5 están situadas na comarca de Lugo -tres na capital, unha en Outeiro de Rei e outra en Portomarín-, outras cinco na Mariña -tres en Viveiro e dúas en Burela-, dúas en Monforte de Lemos e unha última en Samos.

En Lugo foron 11 beneficiarios que suman 700.000 euros de axuda e un investimento mobilizado de 1.179.100 euros. A axuda consiste nunha prima básica de 20.000 euros que pode incrementarse ata un máximo de 70.000 euros, atendendo a criterios como o investimento realizado; de feito, na provincia alcanzaron a contía máxima sete das once propostas.

As outras dúas achegas corresponden ao programa xeral Galicia Emprende, que xa non require vinculación específica co rural; suman investimentos por valor de 274.300 euros e axudas por 76.300 euros.

ÚLTIMAS

Bolsas de tea con motivos feministas

O proxecto de igualdade do Concello de Sober ‘Redes Lilas’ celebrou a súa cuarta...

Aly Alma, artista con raíces en Quiroga, presenta “Violet Mood”, un espectacular show acústico en feminino

Alicia Losada, coñecida artisticamente como ‘Aly Alma’ e con orixes en Quiroga por parte...

Novo miradoiro á Ribeira Sacra de Soutochao

O concello lugués de Sober estreou o novo miradoiro de Soutochao, desde o que poden contemplarse...

Sur da provincia de Lugo e Costa da Morte, a Galicia con maior porcentaxe de persoas dependentes

O 4,19% da poboación galega estaba en situación de dependencia o ano pasado, cunha...