HomeEconomía3,7 millóns de euros no 2022 para os concellos do sur da...

3,7 millóns de euros no 2022 para os concellos do sur da provincia co Plan Único

A Deputación de Lugo investirá máis de 3,7 millóns de euros na zona sur da provincia a través do Plan Único de Cooperación cos Concellos 2022. As bases xa foron aprobadas no Pleno de decembro e publicadas no Boletín Oficial da Provincia do luns 10 de xaneiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A partir deste martes, 11 de xaneiro, abrirase o prazo para que cada municipio poida solicitar os investimentos e accións a financiar con estes fondos provinciais.

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, explica que os concellos de Bóveda, Quiroga, Taboada, Carballedo, Chantada, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, Ribas de Sil, O Saviñao e Sober percibirán este recursos económicos para manter e mellorar servizos públicos e infraestruturas, fomentar o emprego e impulsar o tecido produtivo e asociativo, entre outras actuacións encamiñadas a atender as necesidades dos seus veciños e veciñas.

Tomé Roca subliña que dende o inicio do mandato “incrementamos a dotación económica do Plan Único”, a ferramenta “máis importante que ten a Deputación para a colaboración cos concellos” e, ademais, “cada ano melloramos as condicións para que lles sexa máis útil”, explica o Presidente, destacando neste sentido que no 2022, como novidade, a Deputación simplifica a tramitación e os concellos só deberán enviar a documentación que acredite e xustifique debidamente as actuacións realizadas, eliminando prazos intermedios.

Este é o segundo ano consecutivo, dende que existe este programa provincial de investimentos, que o Goberno provincial aproba as bases no ano anterior ao seu período de vixencia, algo “moi importante para os concellos, porque lles permite traballar con moita maior previsión, poderán empezar as obras nos meses de primavera e verán, a época máis axeitada para facelo, e tamén terán máis tempo para executar as actuacións que financian con cargo ao Plan Único”, explicou o Presidente.

Ademais, os concellos poderán imputar os gastos de contratación de persoal dende primeiros deste ano ao abeiro do Plan Único 2022, o que favorecerá a creación de postos de traballo.

A Deputación de Lugo aplica criterios que son públicos e obxectivos para a distribución dos fondos, como a poboación, a superficie, a dispersión territorial e a taxa de envellecemento. Ademais, fixa un máximo de 500.000€ para os concellos de máis habitantes e de 200.000€ para os concellos que teñen menos.

Distribución dos fondos por concellos na Zona Sur

CONCELLOSACHEGA PLAN ÚNICO 2021
BÓVEDA246.877,91 €
CARBALLEDO316.550,68 €
CHANTADA471.849,81 €
MONFORTE DE LEMOS500.000,00 €
PANTÓN330.103,55 €
POBRA DO BROLLÓN (A)283.495,95 €
QUIROGA351.988,04 €
RIBAS DE SIL231.114,70 €
SAVIÑAO (O)383.959,75 €
SOBER323.730,24 €
TABOADA329.800,53 €
TOTAL3.769.471,16 €

ÚLTIMAS

A Escudería Chantada informa da suspensión da 52 edición da Subida

Aseguran desde a Escudería que non se dan as condicións óptimas para reunir o...

Un novo cineclub en Monforte reforzará a oferta audiovisual e cultural da cidade

As proxeccións terán lugar todos os venres ás 20.00h no Ateneo Casino de Monforte...

Taller de Subvencións para Emprender e para Empresas Galegas, o 28 de xaneiro online

Durante o taller daranse a coñecer a subvencións para promover e apoiar ás persoas...

“Os maragatos da Porta de San Pedro”, a exposición na Casa da Cultura de Chantada ata o 29 de xaneiro

Compoñen a mostra 12 paneis en galego e castelán que recollen a historia da...