HomePolíticaJosé Tomé acompaña ao candidato socialista ao Senado, Roberto Castro, no inicio...

José Tomé acompaña ao candidato socialista ao Senado, Roberto Castro, no inicio da campaña en Monforte

O PSdeG-PSOE de Monforte deu comezo á campaña electoral na céntrica rúa Cardeal, onde reuniu a un número importante de asistentes, a pesar da chuvia nese momento.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Do acto de pegada de carteis participou o candidato ao Senado, Roberto Castro, que acompañou aos militantes e simpatizantes socialistas nesta tradicional celebración de inicio de campaña.

O candidato estivo arroupado polo alcalde de Monforte, José Tomé, e outros membros do equipo de goberno do concello de Monforte, como a Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e os concelleiros José Luis Losada, Marina Doutón, José Manuel Mougán, Regina López e Miguel Tomé.

O acto serviu para marcar o arranque dos próximos días de actividade electoral do PSdeG-PSOE na cidade e comarca. “Comezamos co respaldo, o entusiasmo e a implicación dos asistentes, que quixeron estar presentes nesta para inciar a campaña electoral con forza, ilusión e espírito de participación”, destacan desde o PSOE.

Inicio campaña 29N do PSOE en Monforte / PSOE

ÚLTIMAS

“Falamos de cousas que poden volver pasar”, Rocío, de Rebuldeira Teatro sobre a obra ‘Vermello, unha historia da Guerra Civil’

A compañía Rebuldeira Teatro, de Sarria, chega a Monforte por primeira vez na súa...

Interesante obradoiro sobre fiscalidade para emprendedores rurais

O vindeiro martes 1 de decembro a Fundación Acción Contra a Fame organiza un...

O filme documental “O Son da Serra” comeza este 14 de novembro en Taboada as proxeccións pola provincia

“O día 14 de xullo de 2022 comezaba a arder a serra do Courel...

A loita contra a desinformación chega a Chantada este 14 de novembro

Este xoves, 12 de novembro, a alfabetización mediática do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia...