InicioEconomíaO Plan Único da Deputación recolle máis de 5 millóns e medio...

O Plan Único da Deputación recolle máis de 5 millóns e medio de euros para as comarcas do sur da provincia 

Para os 67 concellos da provincia a dotación é de 21 millóns de euros para novas obras en instalacións municipais, servizos sociais, emprego, iniciativas turísticas, deportivas e culturais, administración electrónica e protección civil.

Publicado o

- Advertisement -

A distribución de fondos aos diferentes municipios, faise en base aos seguintes criterios obxectivos: poboación, superficie, núcleos poboacionais e taxa de envellecemento. Con  máximos de 500.000 euros en Lugo, Viveiro, Monforte de Lemos, Vilalba e Sarria, e mínimos duns 200.000 en Negueira de Muñiz, Rábade ou Triacastela.

Os Concellos deberán destinar como mínimo o 50% dos fondos que lles corresponden a investimentos. Isto implica que cando menos 10,5 millóns de euros sexan para novas melloras nas instalacións públicas municipiais.

Tendo en conta a taxa de envellecemento e a necesidade de ofrecer servizos sociais aos maiores da provincia, os municipios terán que destinar un mínimo de 1,5 millóns de euros ao Servizo de Axuda no Fogar a persoas non dependentes.

A proposta de Plan Único do executivo provincial, incorpora un anticipo do 50% dos fondos aos Concellos para inxectar canto antes no conxunto da provincia a metade do orzamento do Plan Único 2019, que ascende aos 10,5 millóns.

O Plan debaterase no pleno do martes, 26 de febreiro. De aprobarse, de seguido os municipios poderán solicitar este anticipo e presentar os proxectos. O resparto de fondos nos concellos do sur da provincia é o seguinte:

 

CONCELLO                                         TOTAL

Chantada 455.099,86 €
Folgoso do Courel 270.922,97 €
Incio (O) 282.528,84 €
Láncara 290.187,63 €
Monforte de lemos 500.000,00 €
Monterroso 297.730,19 €
Pantón 324.680,78 €
Paradela 279.178,60 €
Páramo (O) 241.845,62 €
Pobra do Brollón (a) 281.702,27 €
Quiroga 342.231,92 €
Ribas de Sil 227.565,93 €
Samos 271.415,00 €
Sarria 500.000,00 €
Saviñao (o) 372.095,67 €
Sober 317.491,65 €
Taboada 319.880,36 €

ÚLTIMAS

Bolsas de tea con motivos feministas

O proxecto de igualdade do Concello de Sober ‘Redes Lilas’ celebrou a súa cuarta...

Aly Alma, artista con raíces en Quiroga, presenta “Violet Mood”, un espectacular show acústico en feminino

Alicia Losada, coñecida artisticamente como ‘Aly Alma’ e con orixes en Quiroga por parte...

Novo miradoiro á Ribeira Sacra de Soutochao

O concello lugués de Sober estreou o novo miradoiro de Soutochao, desde o que poden contemplarse...

Sur da provincia de Lugo e Costa da Morte, a Galicia con maior porcentaxe de persoas dependentes

O 4,19% da poboación galega estaba en situación de dependencia o ano pasado, cunha...