HomeEconomíaChantada e Ribas de Sil, protagonistas no 33 Salón Gourmets de Madrid

Chantada e Ribas de Sil, protagonistas no 33 Salón Gourmets de Madrid

O mellor queixo azul de España, un dos mellores baristas e un aceite autóctono de Ribas de Sil trunfan nesta prestixiosa feira de alimentación e bebidas de calidade que tivo lugar en Madrid do 8 ao 11 de abril.

Publicado o

- Advertisement -

A Queixería Airas Moniz de Chantada, presente no GourmetQuesos 2019, conseguiu con “Savel” o premio de “Mellor Queixo Azul” no 10 Campionato dos Mellores Queixos de España.

Un recoñecemento ao bo facer dun proxecto que demostra que os froitos chegan cando se aposta polo rural e pola innovación. Como ben di un dos tres socios desta queixería, Xosé Lois García, “investir en algo tan importante, autóctono e tradicional como é o queixo, non deixa de ser un acto de dignificación e coraxe, na transformación gandeira do noso país”.

E sen saír de Chantada tamén temos que falar tamén da destacada presenza do barista Damián Seijas. No seu caso tocoulle falar de café da man de Nespresso. Ofreceu interesantes charlas combinadas con xogos nos que mesturou café con infinidade de ingredientes convinándoo ademais con doce e salgado.

Seijas é un gran divulgador e alquimista especializado do ‘mundo café’ e considera que este produto é tan versátil que vai máis alá dunha simple bebida, para el é un ingrediente máis.

Damián Seijas. Foto cedida.

Dende Ribas de Sil chegaba Miguel Ángel Rodríguez co seu aceite CentoxCento Figueiredo para estar presente no prestixioso “Túnel del AOVE” no que estiveron representados os mellores aceites de oliva virxe extra de España.

Aceite CentoxCento Figueiredo

Este aceite de oliva virxe extra de Figueiredo elabórase con olivas autóctonas brava e mansa exclusivamente e recollidas na Comarca de Quiroga, nos concellos de Ribas de Sil e Quiroga. Con trazabilidade demostrada é o primeiro aceite destas variedades certificado como ecolóxico e dende o 2014 a Universidade de Vigo fai estudios para a súa caracterización. Entre os seus trazos máis característicos destaca o sabor picante e un lixeiro amargor que falan por si mesmos da alta calidade do produto.

Miguel, o produtor, chámalle “zume de oliva” e leva once anos traballando intensamente na contorna de Ribas de Sil e dende o seu campo base, Figueiredo, recuperando oliveiras vellas autóctonas e plantando novas para ir aumentando pouco a pouco a produción deste ouro líquido.

Miguel Ángel Rodríguez / XdL

salón gourmets

Trátase da Feira Internacional de Alimentación e Bebidas de calidade líder do produto de alta gama e unha das máis prestixiosas do mundo no seu xénero.

Conta cunha traxectoria de 32 edicións consecutivas e ten un carácter marcadamente comercial que a converte nun escaparate ideal para o visitante nacional e internacional, dirixida a sectores como a hostalería, a restauración, a distribución agroalimentaria, o catering, etc.

ÚLTIMAS

Contacontos teatralizado de igualdade este 24 de novembro na casa da cultura de Monforte

O Concello de Monforte, a través da Concellaría de Muller e Igualdade, organiza para...

Se sodes entroideiros podedes apoiar este proxecto: a maior guía visual das máscaras do país

As Escolas de Ensino Galego Semente impulsan unha acción para amosar a nenos e...

O PP pide tomar medidas na apertura da liña Ourense-Lugo e condena a “desconexión” do Goberno de Sánchez coa provincia

O alcalde do concello de Pantón, José Luís Álvarez, trasladou aos deputados do PP...

Gourmet Gallego inaugura a nova tenda de Monforte

A apertura de Gourmet Gallego congregou a numerosos asistentes, entre eles clientes, provedores, amigos,...