HomeMedio ambiente e PatrimonioO gran lume de Monforte obriga a pechar a Vía rápida a...

O gran lume de Monforte obriga a pechar a Vía rápida a Lalín

Publicado o

- Advertisement -

Un novo incendio forestal foi rexistrado no mediodía deste xoves no municipio lucense de Monforte de Lemos, e afectaba unha superficie de 350 hectáreas arredor das seis da tarde, segundo a XuntaTamén están afectadas as parroquias de Moreda e A Vide.

Segundo informaron a Europa Press fontes da Conselería do Medio Rural, o lume detectouse ás 13:22 horas e, polo momento, permanece activo. Nos labores de extinción participan tres axentes, 13 brigadas, nove motobombas, oito helicópteros e un avión.

De feito, é tal a intensidade das lapas que obrigou a pechar a vía de alta capacidade que une Monforte con Lalín.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...