HomeCulturaAntom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

O libro leva por título "Espaços afetivos da Galiza na Lisboa atual", está editado por Laiovento e presentrase na Casa da Cultura Olga Novo o venres 25 de setembro ás 20:30 h. O autor estará acompañado pola poeta local Noa Moreira.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga na pegada de séculos de emigración galega na capital portuguesa. Unha memoria invisibilizada durante moito tempo pero que permanece nos barrios, nos nomes, en tradicións culinarias, festas e en múltiples ámbitos da vida lisboeta actual.

“Espaços afetivos da Galiza na Lisboa atual” percorre estas marcas da memoria galega en Lisboa ao mesmo tempo que procura comprender as circunstancias que levaron a tantas persoas de Galicia a emigrar para a capital portuguesa.

Antom G. Rodrigues (Chantada, 1987) é graduado en Lingua e Literatura Galegas e en Linguas e Literaturas Modernas, con especialización en Lingua Portuguesa e Literaturas Lusófonas na Universidade de Santiago de Compostela. Desenvolve a súa actividade docente no ensino secundario e nas escolas oficiais de idiomas, exercendo anteriormente como lector de galego na Universidade Nova de Lisboa. 

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...