InicioMedio ambiente e PatrimonioPrimeiro Plan de Ordenación do Medio Físico en San Fiz de Asma

Primeiro Plan de Ordenación do Medio Físico en San Fiz de Asma

O proxecto desta parroquia do concello de Chantada é un dos proxectos da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda recollidos no Plan de Acción Estratéxico para a Ribeira Sacra, co fin de impulsar a candidatura da declaración de Reserva da Biosfera.

Publicado o

- Advertisement -

O plan conterá as características diferenciais da parroquia de San Fiz de Asma, destacando os seus valores naturais e potencialidades como soporte de actividades de carácter agropecuario, forestal, ecolóxico, recreativo, cultural ou científico.

A finalidade deste documento é establecer unha ordenación integrada da zona tendo en conta as súas especiais características naturais, ecolóxicas e paisaxísticas, que compatibilice a súa protección coa máis racional explotación dos recursos.

Tras a declaración da Paisaxe Cultural da Ribeira Sacra como Ben de Interese Cultural, observouse a concorrencia dunha grande singularidade e especiais características na parroquia de San Fiz de Asma, que a fixeron merecente dunha ordenación detallada.

Dende un punto de vista morfolóxico, identifícanse grandes contrastes marcados pola profunda fenda que supoñen os cursos fluviais no territorio, así como a forte pendente dos seus vales, que presentan grandes inclinacións e mesmo paredes verticais, e ladeiras que rematan contra zonas chairas con pendentes inferiores ao 16º e conforman a fértil paisaxe da bocarribeira.

O Plan Estratéxico da Ribeira Sacra contará cun investimento de 3,5 millóns cun paquete de 10 actuacións nas que se implicarán todos os seus departamentos e que están consignados nos orzamentos do ano 2020. No 2020 crearase a ARI da Ribeira Sacra -a terceira xestionada polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) xunto á dos Camiños e á das Illas Atlánticas-.

A Dirección Xeral de Ordenación do Territorio tamén traballa na definición dun Plan Territorial Integrado, cun orzamento total de 500.000 euros, e igualmente prevese un Plan Hurbe específico para a Ribeira Sacra, dotado con 1,3 millóns de euros.

 

ÚLTIMAS

Bolsas de tea con motivos feministas

O proxecto de igualdade do Concello de Sober ‘Redes Lilas’ celebrou a súa cuarta...

Aly Alma, artista con raíces en Quiroga, presenta “Violet Mood”, un espectacular show acústico en feminino

Alicia Losada, coñecida artisticamente como ‘Aly Alma’ e con orixes en Quiroga por parte...

Novo miradoiro á Ribeira Sacra de Soutochao

O concello lugués de Sober estreou o novo miradoiro de Soutochao, desde o que poden contemplarse...

Sur da provincia de Lugo e Costa da Morte, a Galicia con maior porcentaxe de persoas dependentes

O 4,19% da poboación galega estaba en situación de dependencia o ano pasado, cunha...