InicioMedio ambiente e PatrimonioGeolodía de Lugo 2020 no Xeoparque Montañas do Courel

Geolodía de Lugo 2020 no Xeoparque Montañas do Courel

O Geolodía é unha cita simultánea de todas as provincias de España. Nesa xornada faise unha excursión ao aire libre guiada por xeólogos, gratuíta e aberta a todos os públicos. A cita terá lugar o 10 de maio para percorrer, na provincia de Lugo, a contorna das aldeas da Seara e Vieiros.

Publicado o

- Advertisement -

Este ano, Geolodía de Lugo virará ao redor dos antigos glaciares, rochas de construción tradicionais, fervenzas e muíños de auga. A excursión xeolóxica “Geolodía de Lugo” desenvolverase na contorna das aldeas da Seara e Vieiros, en pleno corazón do Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel.

Esta excursión divulgativa enmárcase nunha iniciativa a nivel nacional organizada pola Sociedade Xeolóxica de España (SGE) e a Asociación Española para o Ensino das Ciencias da Terra (AEPECT) pola que as provincias de España celebran ao unísono un Geolodía co fin de dar a coñecer a xeoloxía ao gran público.

O Geolodía constitúe a maior actividade de divulgación científica ao aire libre de España, tan só no 2019, participaron máis de 8.500 persoas guiadas por 600 xeólogos e xeólogas. O Geolodía de Lugo terá lugar o domingo 10 de maio, e na súa organización está implicada a dirección do Geoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel e membros do seu comité científico.

Realizarase unha excursión a pé para todos os públicos para coñecer a pegada dos glaciares no val da Seara e as rocas de construción empregadas nesta aldea, incluído no Roteiro das Aldeas Paleozoicas do Xeoparque. Ademais, visitarase a fervenza de Vieiros, e o muíño de Vieiros en funcionamento grazas aos veciños desta aldea.

A asistencia ao Geolodía é de balde e debe realizarse a través do mail info@ribeirasacracourel.es ata completar un aforo de 90 persoas. Este ano cumpriranse 15 anos do primeiro Geolodía organizado en España, na provincia de Teruel. O Geolodía de Lugo organizarase tras cumprirse un ano da declaración do Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel, reforzando o papel deste Xeoparque na promoción da xeoloxía a nivel nacional.

ÚLTIMAS

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...

Unha nova vida para Donelle, a aldea de Sober mercada pola cooperativa Ecooo

A Donelle, unha aldea deshabitada do Concello de Sober dende hai varias décadas, preséntaselle...