HomeMedio ambiente e Patrimonio210.000 euros para a restauración de San Martiño de Lousada en Samos

210.000 euros para a restauración de San Martiño de Lousada en Samos

A Xunta vén de licitar as obras de mantemento e restauración da igrexa de San Martiño de Lousada, no concello de Samos, por máis de 210.000 euros. As actuacións terán un prazo máximo de execución de seis meses.

Publicado o

- Advertisement -

As obras neste templo permitirán resolver as patoloxías existentes, recuperar o uso da igrexa para o culto e acondicionar os espazos exteriores do adro para mellorar a accesibilidade a este ben catalogado, protexido polo seu valor cultural ao estar incluído no Inventario das Normas Subsidiarias Provinciais de 1991.

Consolidaranse muros e arcos, devolvendo a correcta funcionalidade estrutural; executarase unha nova cuberta, conservando a tipoloxía estrutural e os materiais autóctonos, así como unha drenaxe tanto perimetral como no interior do edificio, illando o pavimento do interior das humidades do terreo. Así mesmo, está previsto efectuar unha revocadura con morteiro de cal das paredes, tanto no interior como no exterior; acometer unha nova instalación eléctrica e de iluminación; levar a cabo a restauración do campanario e os sinos, e acondicionar o acceso a través do adro.

Para poder desenvolver estes traballos, o Goberno galego asinou un convenio de colaboración coa Diócese de Lugo para a posta a disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións de conservación e restauración en varios inmobles eclesiásticos, entre os que se atopa a igrexa de San Martiño, no seo do Camiño Francés.

Primeiro románico provincial

Esta igrexa é un edificio de orixe románica de volume sinxelo e ornamentación austera. Posúe unha ábsida cadrada e unha nave principal rectangular á que se acaroa unha nave lateral ao norte, separada por dous arcos de medio punto. Entre o altar maior e a nave principal hai un arco tamén de medio punto. Ao norte da ábsida sitúase unha sancristía. A cuberta do presbiterio era a catro augas, máis alta que a da nave principal a dúas augas, configurada co sistema de par e fileira en madeira e con lousa como acabado exterior.

Fronte á fachada principal existe un cabido a dúas augas a través do que se chega á portada principal realizada en cantería de granito e arco de medio punto superior. Outra porta máis sinxela dá acceso á nave lateral. Os muros e os tres arcos interiores están realizados en cachotaría de lousa cubertos de revocadura de cal. O campanario de dobre arco elévase sobre a portada da fachada principal. O pavimento interior é de grandes lousas negras de calidade. No interior consérvase unha pía bautismal de granito, con conca e pilastra, así como restos de pinturas murais de carácter popular nos arcos.

ÚLTIMAS

Máis de 1.500 persoas desfilaron en Pantón este sábado e entregáronse máis de 5.000€ en premios

Este ano encabezaban o desfile os traxes tradicionais do Entroido de Budián e contábase...

5.600.000€ para a mellora do saneamento no Polígono do Reboredo

Esta modificación do acordo conta con todos os informes favorables e suporá “unha mellora...

Pantón celebra este 21 de febreiro o Desfile de Entroido con 50 comparsas e disfraces inscritos

O Concello de Pantón celebra este sábado, 21 de febreiro, o seu desfile de...

160 xogadores no I Campionato de Europa IPPA de Pitch&Putt que se celebrará en Monforte en xullo

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, xunto co presidente do Club de Golf...