O Camiño de Inverno potenciarase coa sinalización e a creación do primeiro albergue público en Diomondi

As candidatas ás eleccións autonómicas do 12 de xullo por Lugo, Raquel Arias, Susana López Abella e Katy Varela acompañaron este sábado ao conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e ao secretario xeral do PP da provincia de Lugo e alcalde do Saviñao, Carlos Armesto, nun paseo por un tramo do Camiño de Inverno na parroquia de Diomondi deste municipio.

Andaina Camiño de Inverno PP / PP Provincial

O Goberno galego vén de anunciar, recentemente, un investimento de máis de 2,7 millóns de euros para este camiño. Por unha banda ten iniciada a licitación do proxecto de mellora, sinalización e acondicionamento do Camiño de Inverno que pasa pola Ribeira Sacra lucense cunha dotación orzamentaria de 1,7 millóns de euros e, por outra, dirixe unha achega de máis dun millón de euros para a rehabilitación do Pazo Bispal de Diomondi, enmarcada dentro do Plan de Albergues. O Camiño de Inverno incrementou o número de persoas que o percorreron o pasado ano nun 50%.

As actuacións para a mellora e unificación da sinalización supoñen a colocación de cunchas, placas de quilometraxe, tallar frechas ou reparar fitos, inclúese o acondicionamento dos treitos que se atopen en mal estado mantendo a coherencia coas obras que xa foron realizadas en diferentes tramos do Camiño en Galicia.

Diomondi PP / PP Provincial

As actuacións de rehabilitación do Pazo de Diomondi permitirán readaptar a súa distribución coa renovación da súa estrutura para dotala de catro dormitorios distribuídos en dous andares nos que se acondicionarán tamén outras estancias para cubrir as necesidades dos peregrinos que percorren o Camiño de Inverno. Así, este novo albergue de xestión autonómica ofrecerá un máximo de 33 prazas, unha das cales estará reservada para peregrinos con mobilidade reducida. As actuacións, que inclúen o acondicionamento dunha edificación auxiliar, permitirán tamén mellorar a súa eficiencia enerxética.

PLAN RIBEIRA SACRA

Son actuacións que potenciarán esta zona para a que o Goberno de Feijóo deseñou tamén unha estratexia para coordinar todos os investimentos de cara a obter a distinción da Unesco. Trátase do Plan Ribeira Sacra, dotado con 34 millóns de euros, e a través dos que se executarán 35 accións nesta zona, que aglutina a 25 municipios das provincias de Lugo e de Ourense, e que afecta a un espazo de máis de 3.000 quilómetros cadrados nos que viven uns 64.000 veciños.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here